martes, 1 de febreiro de 2022

DÍA DA PAZ 2022

Este ano, para celebrar o Día da Paz, ademais de traballar a temática en todas as aulas como ven sendo habitual, fixemos unha actividade moi especial. Apareceu no cole unha gran pomba xigante que traia unha bolsa enorme no seu peteiro. Nela metimos un montón de noticias que levamos vendo tempo nos xornais e que non nos gustaron nada de nada. Metímolas alí para que as levara ben lonxe e a partir de agora só veñan boas novas!!!

Da mesma maneira, en colaboración con UNICEF, fixemos uns trols para a a paz. Trátase dunha creación onde as nenas e nenos realizaron un boneco (trol) con diferentes materiais. O obxectivo era transmitir emocións cos mesmos, axudándoos a comprender o que lles sucedía no seu corpo e a saber xestionalo. Así puidemos ver como o alumnado botou unha boa man a estes pequenos seres deixándose levar pola súa creatividade para expresar como se pode identificar a alegría, tristeza, ira, o amor...










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.