martes, 11 de xaneiro de 2022

PRIMEIRA DO ANO EN METEOMOECHE!

Comezamos este 2022 con novas fotografías do voso observatorio preferido! En primeiro lugar temos unha instantánea que nos achega André, tomada desde a súa casa, onde podemos ver un ceo completamente lila!!!


E agora é o turno do profe Abel, que nos trae tres imaxes. Unha delas corresponde cun amencer moi bonito desde a batería da Bailadora (Mugardos). Vemos a entrada da ría ao rebasar os castelos de La Palma e San Felipe.



A segunda elixuina pola súa curiosidade. Nela podemos ver como as fortes chuvias poden asolagar un campo de fútbol nun terreo xa húmido de por si, como ocorre no caso de "A Croa", en Doniños.



E por último, unha foto mítica e obrigada na comarca de Ferrolterra: a Fervenza do Belelle, en Neda. Cando chove moito o río baixa con moita auga e unha gran forza, facendo deste lugar unha auténtica ducha para os que se atrevan a inmortalizar este fenómeno.


E XA SABEDES, A SEGUIR ENVIANDO FOTOS A meteomoeche@gmail.com!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.