mércores, 27 de outubro de 2021

CANDO O SOL SE DEITA

O venres 22 de outubro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria tivo a sorte de contar co espectáculo (científico e humorístico) "Cando o sol se deita" a cargo do divulgador Vicente Mohedano. Trátase dunha proposta de animación á lectura da biblioteca municipal de Moeche que, nesta ocasión, se trasladou á biblioteca do noso cole.

Combinando explicacións teóricas e experimentos, aprendimos curiosidades sobre a luz, as cores, a visión, os puntos cegos e mesmo construimos unha bombilla!

Pinchade na imaxe para ver as fotos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.