Hoxe é 5 de xuño. Sempre no noso cole, co noso alumnado, levamos a cabo actividades varias sobre o coidado do Medio Ambiente. Non é so neste día cando traballamos, o facemos todos os días que hai cole, o que lles axuda a aprender a coidar moito mellor o medio no que viven.
Deixamos unha serie de vídeos relacionados coa contaminación dos plásticos, material que nos fai a vida máis cómoda e sinxela, pero ao mesmo tempo, complícalla e destrúe a moitos outros seres vivos. Por iso é tan necesario saber qué facer co plástico cando non o necesitamos.
Podería ser... darlle outra vida?
Dende as "Artes da Biblio" actividade que se inclúe nas mochilas viaxeiras, este curso estaban centradas en darlle unha nova vida ao plástico.
Varios alumnos e alumnas xa colaboraron con esta actividade, pero outros e outras non lles deu tempo por motivos de COVID-19. Pero gustaríanos, dende o equipo de biblioteca, que podades colaborar coas vosas creacións.
Lede a plantilla de actividades que ía na mochila viaxeira, por se vos fose de utilidade:
Esperemos que vos gusten!
Esperemos que nos axuden a concienciarnos da importancia de coidar cada día do Noso Planeta!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.