domingo, 22 de decembro de 2019

FESTIVAL DE NADAL



O CEIP San Ramón agradece a tod@s a vosa asistencia ao festival de nadal do pasado 20 de decembro. Sempre é un pracer ver a comunidade educativa unida con fin común como é noso colexio.
Dous agradecementos especiais: un para o ANPA que un ano máis axudou moito tanto na montaxe como na recollida do escenario que como moi ben sabemos non é unha tarefa doada. O segundo agradecemento vai paraAlicia Cabrera, nai do exalumno Dani Moreno que nos agasallou con dúas árbores de nadal para rifar no festival( é especialmente fermoso ver que aínda que os alumn@s marchan, seguen lembrándose de nós e colaborando co colexio)

Por último informar que seguimos a superarnos coas rifas do nadal. Este ano, despois de descontar gastos, recaudamos a cantidade de 460€ que irán destinados á excursión de fin de curso de todo o colexio.

GRACIAS POLA COLABORACIÓN E


                                                              FELICES FESTAS!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.