mércores, 24 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO 2019

Como xa é tradicional no centro retrasámonos un día na celebración do Día do libro xa que o 23 é festivo local. Así que hoxe tivemos unha xornada especial para conmemorar esta data.
Comezamos cunha edición máis do noso "Apadriñamento lector", no cal os nenos e nenas máis maiores tiñan que compartir uns minutos de lectura cos máis peques da casa, contándolles un conto e intercambiando uns fermosos regalos. Despois do recreo continuamos cunha gran actuación de maxia a cargo de "Leo Leíño" que ademais de realizar impresionantes trucos fíxonos ver a importancia da lectura nas nosas vidas.

Temos vídeo e fotos!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.