mércores, 6 de marzo de 2019



Como xa vimos facendo durantes cursos pasados, o 25 de febreiro de 2019, celebramos no colexio o  "Día de Rosalía".
O título da actividade era: "PARA TI, ROSALÍA".





Durante varios días todo o alumnado estivo preparando poesía, e nesta ocasión, pensamos en adicarlle a Rosalía poemas escritos por outras poetas galegas, que ao igual que Rosalía aprecian e coidan a nosa lingua galega.

Esta actividade ven moi vinculada co lema desde curso académico proposto dende Bibliotecas Escolares, que é:

POÉTICAS DIVERSAS.


 Tamén, escoitamos fragmentos de  poemas de Rosalía,  por cantantes galegos. Así, por exemplo:

“Negra Sombra” interpretado por Luz Casal e Carlos Núñez.

Negro Caravel” interpretado por Rosa Cedrón e Cristina Pato.

Adios ríos, adiós fontes” interpretado pola cantante Lucía Pérez.


No seguinte enlace podedes ver vídeos e imaxes deste bonito día!!

A nós gustounos e disfrutámolo. Esperemos que quen o vexa, tamén!! 

 






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.