mércores, 5 de decembro de 2018

SIMULACRO DE INCENDIO

O pasado martes foi un día un tanto especial, xa que despois do recreo soou a sirena en tres ocasións. Os nosos peques, conscientes da situación, comezaron a realizar a evacuación de emerxencia para a cal están xa preparados. Nun tempo récord estábamos no punto de seguridade, establecido na pista polideportiva.

Os bombeiros e a Garda Civil chegaron para rescatarnos e realizaron as manobras necesarias para apagar o lume...

TRANQUILIDADE... foi todo un simulacro, pero estamos contentos da actuación dos nenos/as, xa que seguiron as normas ao pé da letra.

Para festexar dita actuación temos que agradecer moito ao GES Ortigueira e á Garda Civil que nos deixaron subir aos seus vehículos, tocar as sirenas, falar polos megáfonos e incluso usar a mangueira!!!

Pincha abaixo para ver as fotografías:

FOTOS SIMULACRO

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.