mércores, 24 de outubro de 2018

INICIA UN NOVO CURSO


CURSO 2018-2019
Ola a tod@s!!
Un novo curso,  novas experiencias na Biblioteca!!

Como anos anteriores na biblio poderás atopar un motón de libros interesantes, algúns xa novos, pois xa chegaron novidades; e tamén novos espazos que poderedes ir descubrindo ao longo do curso.

Un deles xa está iniciado: As noticias!!  Achégate e Refréscate!!  Neste espazo podes coller un xornal e ler algunha noticia que che interese.

Tamén está iniciado e a punto de rematar o concurso de Catrinas de Samaín así como as frases que dan medo, en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística!!

Pasa pola Biblio... e Sorpréndete!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.