mércores, 2 de novembro de 2016

GALERÍA DE FOTOS DE SAMAÍN, MAGOSTO E SIMULACRO DE INCENDIOS

A pasada semana foi unha moi especial no cole, xa que fixemos varias actividades. Deixamos uns links para ver as fotografías:

SIMULACRO DE INCENDIOS

Tivemos unha pequena práctica para estar preparados para situacións de perigo, en concreto de incendio. Sen saber nada reaccionamos moi ben ante os famosos tres "toques de sirena". O equipo de bombeiros e Garda Civil viñeron ao centro para axudarnos e despois deixaron que coñecésemos un pouco máis o seu traballo. Desde aquí queremos darlles as grazas...

FOTOS

FESTA DO MAGOSTO E SAMAÍN

O pasado venres tivemos unha especial xornada. Comezamos a mañá cunha sesión de contos de medo. De seguido fomos á pista polideportiva para practicar xogos con castañas!

A continuación disfrutamos do recreo e posteriormente viñeron as nais e pais para axudarnos coas cabazas. Un xurado composto por un representante do centro, un do concello e un pai elexiron as mellores entre todas.

Era tempo de baile e comellada, un clásico nesta festa do San Ramón! Ricas castañas, empanada e pizza...

Pasámolo xenial, grazas a tod@s por participar!!!

FOTOS FESTA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.