xoves, 27 de outubro de 2016

ESPERANDO A GRAN FESTA...

No cole xa temos todo preparado para a festa do Magosto e Samaín. Será o venres pola mañá e os nenos/as levan días traballando moi duro para que todo saia xenial...


O outono xa chegou, e con as castañas están a invadir a biblioteca...

Cartel do outono elaborado polos máis peques do cole, os nenos/as de infantil.


An amazing picture about witches with a nice acrostic elaborated by some students


A nosa particular bruxa coa súa apócema, que estará a tramar?


Un acróstico en galego feito polo alumnado de Educación Primaria, cunhas pequenas poesías desta época e, como non, unha castañeira.
Á dereita uns pequenos "ghosts" do alumnado de 3, 4 e 5 anos.




Máis decoración propia deste trimestre...


 O venres xogaremos a moitos xogos nesta festa temática. Nos seus tempos de lecer, os nenos/as máis maiores colaboraron moito na elaboración de materiais. Grazas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.