mércores, 24 de febreiro de 2016

ROLDA 4 "OS SELFIES DE MODESTINA"

Boas familias!!!

Como sabemos que botades de menos recorrer Moeche en busca dos lugares nos que se retrata a mascota máis viaxeira da comarca... AQUÍ ESTÁN OS NOVOS SELFIES!!!
Xa sabedes, 3 selfies e as respostas...

A cousa avanza e o nivel complícase, SORTE!!!


1.- Modestina está moi cansada de practicar un deporte... cal é? Podería practicar algún outro deporte moi pretiño de onde está? Cal?
2.- En que lugar se atopa este recinto deportivo?


 1.- Parece que a nosa tartaruga quere ver pasar o tren. En que lugar de Moeche o está intentando?
2.- A nosa mascota está nese momento sentadiña nunha construcción moi característica. Cal?


1.- Será por cruceiros no concello... cal é este?
2.- Xusto ao ladiño do mesmo hai algo importante para esa parroquia na que se atopa. Que é?


Nesta ocasión daremos un punto extra a quen consiga facer o selfie máis multitudinario. Quen mais xente retrate nun dos lugares arriba expostos, gaña un puntiño.

DATA DE ENTREGA O DÍA 28 DE MARZO

SORTE!!!

2 comentarios:

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.