luns, 9 de novembro de 2015

OS SELFIES DE MODESTINA 2ª EDICIÓN

Boas familias!!!

Por fin chegou o día, Modestina, a tartaruga máis famosa de toda a volta xa está outra vez a facer das súas. Coma sempre estivo a facerse uns selfies por Moeche adiante e, agora, quere que sexades vós quen realicedes o mesmo.

Xa sabedes, en cada un dos selfies da nosa mascota debedes buscar o lugar, realizar o voso selfie familiar e responder ás preguntas.

Para entregar podedes enviar un correo electrónico a ampineiro25@gmail.com ou ben traelo á biblioteca nun pen drive.

PRAZO DE ENTREGA : 30 DE NOVEMBRO

SORTE!!!


1.- Onde se atopa Modestina?
2.- Xusto nese lugar, hai moito tempo, celebrábase algo... o que?


1.- En que construcción local quere colarse a nosa tartaruga?
2.- Como se chama ese burato por onde esta a intentalo?



1.- Xa que estamos con deportes este ano... que deporte podería estar vendo Modestina unha fin de semana xusto aí?
2.- Como se chama o equipo que disputa os seus partidos nese campo?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.