venres, 26 de xuño de 2015

ACTIVIDADES MES DE XUÑO

Boas!

A continuación deixaremos unha galería fotográfica das actividades realizadas no último mes:

EXPOSICIÓN FINAL DO PROXECTO "A NOSA CONTORNA" onde o alumnado puxo en común todo o aprendido no Proxecto Documental do curso 2014 - 2015 sobre Moeche.




CONTACONTOS FAMILIARES: última sesión desta iniciativa onde as familias podíades vir á escola a contar un conto cos nen@s. Moitas grazas a Andrés (papá de Emilly) por ler a historia de Caillou!!!




FOTOS DO STORY TELLING DO 1º CICLO: o grupo de 1º ciclo nos contou e escenificou "The enourmous turnip" en inglés. Proximamente subiremos vídeo da actividade...




REPOSTEIROS MODESTINOS: para a merenda do penúltimo día convertémonos en cociñeiros/as. En primeiro lugar facíamos a receita e despois... ÑAM!!!




DÍA DO MEDIO AMBIENTE: un ano máis o concello agasallounos cunha planta e lemos unhas lecturas sobre o tema.



EXCURSIÓN A CORUÑA: podedes ver en fotografías o ben que o pasamos na saída de final de curso (Domus, Casa das Ciencias, Planetario, Parque Santa Margarida e Monte de San Pedro).


ENTREGA DE PREMIOS "MASTECHEF MOECHE", "OS SELFIES DE MODESTINA" E "MODESTINA QUERE SABER..."



II XOGOS OLÍMPICOS SAN RAMÓN 2015: para rematar o curso pasamos unha mañá de deportes. Fixémolo moi ben!!!

2 comentarios:

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.