luns, 2 de marzo de 2015

ROLDA 5 "OS SELFIES DE MODESTINA"

Xa está aquí, xa chegou!!! Familias, unha nove rolda dos selfies da tartaruga máis famosa da comarca.
Tres novos retos para tod@s vós. Conseguiredes axudar a Modestina???

Aquí están:


1.-  Modestina está descansando nunha cruz que hai no chan. Polo lugar no que se atopa dita cruz, podemos dicir que parece que cae da igrexa que ten ao lado... De que igrexa falamos?
2.- Como se chaman as flores que hai ao redor da nosa tartaruga?


1.- A pequena mascota quedou abraiada mirando este cruceiro, pero de tanto mirar tapou a inscrición que nos di o seu nome. Que cruceiro é? Onde está?
2.- Se Modestina tivese moita fame podería coller algo de comer moi pretiño de onde está? Onde?


1.- Cara onde está subindo Modestina?
2.- Antigamente, para que usaba esa casa?



A nosa tartaruga dará un PUNTO EXTRA á familia que entregue un cuarto selfie no cal apareza unha placa que explique a segunda resposta da terceira fotografía (a das escaleiras)...

DATA DE ENTREGA: LUNS 29 DE MARZO

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.