sábado, 31 de xaneiro de 2015

OS SELFIES DE MODESTINA ROLDA 4!!!

Ola familias!!!

O nivel que estades a ofrecer no concurso é altísimo, polo que Modestina decidiu poñelo máis difícil...

Coma sempre hai que realizar os selfies e as preguntas, pero nesta ocasión se dará un punto extra á familia que realice o selfie máis multitudinario da rolda, quere dicir, quen consiga meter máis xente no selfie (que pode ser foto normal).

Vale que apareza quen queirades, aínda que non sexa participante no concurso. Tamén haberá outro punto extra á familia que realice o selfie máis adecuado ao Entroido, aproveitando as datas...

Tede en conta que os selfies gañadores dos puntos extras serán publicados neste blogue para que tod@s vexamos o resultado.

DATA LÍMITE: 23 FEBREIRO.

Velaí van...



1.- Onde se atopa a nosa mascota?
2.- Baixo ese tellado, que se realizaba antigamente?


1.- Para que se usaba esa construcción na que se atopa descansando Modestina?
2.- En cal das nosas parroquias está ubicada?



1.- Onde se atopa Modestina?
2.- Como se chama ese pequeno ser?

1 comentario:

  1. I just want to thank you for sharing your information and your site or blog this is simple but nice Information I’ve ever seen i like it i learn something today. Học tiếng Anh

    ResponderEliminar

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.