Pois parece que conseguimos o tema...
Tras varios intentos de escribir poesía co alumnado de 6º, atopamos o tema (e que o amor é o amor). O exercicio era o seguinte:
"Realiza un poema coas palabras sorriso, calafrío, mirada e namorada". Deixo algunhas das obras de arte...
As veces dasme un sorriso
e outras un calafrío.
A túa linda mirada
dime que estás namorada.
Mirando o teu sorriso
sentín un gran calafrío.
Sentín a túa mirada
moi pouco namorada.
Cando te miro dame un sorriso
e a min un calafrío.
Ti dame unha mirada
que parece de namorada.
O teu belo sorriso
dame un calafrío.
Mira a miña mirada,
está moi namorada!
Cando vin o teu sorriso
sentín un gran calafrío.
Ó ver a túa mirada
eu síntome namorada.
Se tes un mal sorriso,
se tes un bo calafrío.
Douche unha mirada
se estás ben namorada.
**Pode ser que a métrica non sexa espectacular, pero creo que o fixeron bastante ben. O prometido é débeda e, por iso, ahí vos quedan!!!
Se queredes podemos subir máis poesía, soamente tedes que facela!!!
P.D. Son anónimas xa que, como tod@s sabedes, o amor da moita vergoña...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.