Durante o mes de xaneiro e febreiro, nos recreos, houbo moito movemento. Cada día, decenas de voces soaban con forza tralo pitido inicial animando ao seu equipo. Participantes de todas as idades xogaron con ilusión e moi motivados no torneo de fútbol 3x3. Ao ser idades moi diferenciadas fixemos dúas categorías: MAXI e MINI.
En primeiro lugar, presentaremos as plantillas das diferentes formacións:
FREDI
BLUE
DEPORTIVO
MADRID
SÚPER ESTRELLAS
NICORNIO
GOLAZOS
SAYANS FC
DEPOR B
MIXTOS
Despois dunha liga na que xogaron todos contra todos, estas foron as clasificacións de ambas categorías.
Finalmente, Nicornio conseguía impoñerse nunha tanda de penaltis ante Fredi despois dun partido que acababa 0-0 debido a dúas grandes defensas.
Na categoría dos máis maiores, Sayans non perdoaba e impoñíase por 6-3 a Golazos.
O máis importante co que nos quedamos foi a norma que se repetía antes de todos os partidos:
Estimadas familias, este ano temos o pracer de formar parte do programa "Lectura e familias", no cal iremos propoñendo diferentes actividades e obradoiros onde poderán participar tanto o alumnado coma as familias.
En primeiro lugar, gustaríanos elaborar un receitario popular da contorna en galego a partires
das aportacións feitas por cada unha das familias que queiran colaborar.
Unha vez teñamos un bo número de aportacións, editarase dito receitario, levaremos a cabo a súa impresión e divulgación na contorna e comunidade
educativa.
Para colaborar, só teredes que mandar un correo electrónico a bibliotecaceipsanramon@gmail.com, ou ben, entregar a receita aos profesores a través do alumando.
Antes de comenzar co deste semana queremos lembrarvos que seguimos recollendo fotos da neve para o especial que publicaremos a finais do inverno. Enviade as que teñades a "meteomoeche@gmail.com"
E mentres tanto...
O noso amigo André (5º de primaria) regálanos esta toma que sacou antes de ir ao cole pola mañá. Podemos comprobar que está todo o seu campo xeado, ademais que, pola cor das nubes, parece que choverá esa mañá.
A nosa teacher, habitual por estes lares, tráenos hoxe esta pedazo de foto, onde podemos ver un xogo de cores e luces moi interesante neses cúmulos que abrigan á cidade de Ourense.
Por último, pero non menos importante, vimos a comentar que ás veces o refraneiro falla. "Ceo empredado, mañá chan mollado". Pois desta vez non, o día despois da carreira de Cedeira non choveu...
Hai uns días no centro tivemos a oportunidade de poder plantar unha árbore. Trátase dun piñeiro que nos regalou Alicia, nai do exalumno Daniel. Desde aquí queremos agradecerlle a amabilidade que tivo e ten sempre co noso colexio. Coidaremos a árbore para que sexa parte da escola para sempre.
Tamén lle queremos dar as grazas a Pedro, operario do concello, que axudou á rapazada na plantación e incluso deulles unha serie de consellos para o seu coidado.
Finalizamos esta semana cunha gran festa de Entroido onde houbo un pouco de todo...
Comezamos a mañá cun pasarrúas onde nos acompañaron as familias andando ata o Concello de Moeche ao ritmo de "O entroido move o corpo" de Paco Nogueiras. Unha representación da revolta irmandiña, na cal os máis peques conseguiron asaltar a casa consistorial e botar aos señores/as feudais fóra. Máis canción e baile e para o cole a tomar a merenda!!!
Acto seguido comezaba o esperado desfile e concurso de disfraces das familias. Todos/as as participantes estiveron xenial pero destacaron un pouco por enriba do resto o pequeno Xián, as señoras do súper, a familia co arado e o pintor coa súa obra:
No concurso de coplas (cabe destacar que foron dun gran nivel) foi premiada a de Óscar, de 5º de primaria, unha composición que non deixaba profe con cabeza...
Tras o divertido testamento que leron a rapazada de 3º e 4º no nome do Meco Andrés, tocou queimalo e despedir esta festa ata o vindeiro ano.
MILES DE GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE NOS ACOMPAÑASTES NESTA FERMOSA XORNADA ONDE, UNHA VEZ MÁIS, VIVIMOS COMO A GRAN FAMILIA QUE SOMOS.