martes, 23 de xaneiro de 2018

Actividades no Nadal

Un dos libros que forman parte da exposición do Nadal leva por título:
"Antón e o Apalpador".
Os alumnos de 5º curso fixeron un vídeo sobre ese conto. Alumnos e mestres do cole puidemos ver e escoitar esta fermosa historia adicada a este personaxe galego que volve ás nosas casa polo Nadal.


Se pinchades no triángulo, podedes todos disfrutar tamén dela!! 

EXPOSICIÓN LIBROS NADAL

Na seguinte imaxe podedes ver algúns libro escollidos polos colaboradores da biblioteca relacionados co Nadal.


Durante a semana adicada aos contos de medo, por motivo do Samaín..., todos os nenos e nenas do colexio puideron ver e escoitar o conto "CARABUÑAS" de Margarita del Mazo & Charlotte Pardi.
Este conto é moi completo, pois a pesar de ter como protagonista a un monstruo, serve para aprender o que é a "astucia", a necesidade de axuda aos demais, a importancia dos hábitos hixiénicos...

Dende o noso cole temos que dar as grazas ao CEIP Coirón-Dena, polo fantástico vídeo sobre este conto.
Recomendamos tanto a lectura do libro como a visualización do vídeo.


pincha no triángulo e disfruta do vídeo


Durante o presente curso 2017/2018 estamos a realizar diversas actividades. Moitas delas son posibles grazas á colaboración dos encargados semanais e outros alumnos e alumnas do colexio que axudan á coordinadora da biblioteca. 
Algunhas desas actividades podaedes velas en imaxes e outras en vídeos.
Esperemos que vos gusten...!!

























CAMBIO NO MENÚ

MENÚ DO DÍA 23 DE XANEIRO DE 2018
Debido á ausecia da cociñeira, vémonos obrigados a cambiar o menú do día de hoxe por outro que será servido a través dun catering. O menú será o seguintes:
1º PRATO: CREMA DE CABAZA E CABACÍN
2º PRATO: LASAÑA DE CARNE
POSTRE: FROITA

venres, 19 de xaneiro de 2018

O REINO DOS PROTOCTISTAS

Saray e Freire, dous dos nosos Históric@s 2.0, explican a todo o mundo que queira velo como é o reino dos protoctistas. Bo traballo rapaces!


martes, 9 de xaneiro de 2018

AS CÉLULAS

Para saber un pouco máis sobre as células non dubides en ver este vídeo que fan Irene e Marta, dúas das nosas Históricas 2.0...