luns, 9 de novembro de 2026

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR - INFORMACIÓN

ANUNCIO PROCLAMACIÓN CANDIDATOS E VOTACIÓN

SORTEO MESA ELECTORA DATA E HORA


No enlace está publicado o censo provisional para as eleccións ao Consello Escolar. Calquera reclamación ao respecto deberá realizarse á Xunta Electoral dende hoxe ata o día 29 de outubro ás 14:15 horas a través do correo electrónico: ceip.sanramon.moeche@edu.xunta.gal

A Xunta Electoral está constituída por:

Almudena Yáñez Rodríguez . Presidenta

Judit Rodríguez Calvo. Secretaria e representante do profesorado

Miguel Ángel Vilela Fernandes- Vogal e representante de pais/nai

Guadalupe Gabeiras Martínez- Vogal e representante do sector de persoal non docente.

CENSO

Neste enlace tedes toda a inforamción sobre o proceso das elección ao Consello Escolar.

Publicación convocatoria eleccións ao Consello Escolar

Modelo presentación candidatura

 

 RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR


Informamos a toda a comunidade educativa —familias, profesorado e alumnado — de que se pon en marcha o proceso de renovación parcial do Consello Escolar do centro, de acordo coa Resolución do 27 de agosto de 2026 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, publicada no DOG do 4 de setembro de 2026.

Calendario electoral

As principais datas previstas para o desenvolvemento do proceso electoral son as seguintes:

Constitución da Xunta Electoral: entre o 20 e o 26 de outubro de 2026.

Presentación de candidaturas: establecerase un prazo mínimo de sete días naturais a partir da constitución da Xunta Electoral. Os modelos necesarios e as datas concretas publicaranse no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro.

Votación telemática das familias a través do Espazo Abalar: desde as 00.00 horas do 11 de novembro ata as 23.59 horas do 17 de novembro de 2026. Cómpre ter en conta que o voto telemático é definitivo: as persoas que xa votasen por esta vía non poderán volver votar presencialmente nin modificar o voto emitido.

Votación presencial no centro: entre o 23 e o 27 de novembro de 2026, segundo os horarios que se establezan para cada sector.

Próximas comunicacións

Ao longo das vindeiras semanas, o centro irá difundindo toda a información necesaria para seguir o proceso electoral, incluíndo os censos electorais, a convocatoria específica para a presentación de candidaturas e os horarios das votacións presenciais correspondentes a cada sector da comunidade educativa.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración e animámosvos a participar activamente nesta renovación do Consello Escolar, contribuíndo así a fortalecer a representación e a participación de toda a comunidade educativa na vida do noso centro.

 

domingo, 1 de novembro de 2026

SAMAÍN 2026

O pasado venres celebramos o Samaín no cole cunha mañá chea de diversión. Viñemos disfrazados e disfrazadas, gozamos dunhas boas castañas e participamos na nosa tradicional decoración de cabazas, unha actividade na que as familias volveron colaborar con moita ilusión e creatividade.

Nesta xornada tamén contamos coa participación especial das señoras da Casa do Maior, que quixeron acompañarnos e compartir connosco esta celebración. Ademais, houbo espazo para algunha que outra actuación que animou aínda máis a mañá.
Pasámolo xenial, foi unha xornada moi especial. Moitas grazas ás familias e ás señoras da Casa do Maior por formar parte desta celebración!





    


martes, 27 de outubro de 2026

VISITA DE CASAGA

A pasada semana tivemos a sorte de contar no centro coa Asociación Galega de Cans de Salvamento (CASAGA). En primeiro lugar déronnos unha charla na biblioteca para dar a coñecer o seu traballo e saber tamén que temos que facer para poder coidar a un can na nosa casa, pois hai que seguir unha serie de responsabilidades.

Acto seguido, tivemos a gran sorte de poder vivir en directo unha pequena exhibición de como fan rescates cos cans en situacións de perigo. Que importante é a súa labor!



mércores, 21 de outubro de 2026

Biotecnólogos resolven un crime!

 Hoxe, o alumnado do segundo e terceiro ciclo de primaria participou nun obradoiro científico, no que a lectura e o misterio foron os protagonistas. A través dunha historia na que alguén roubara un valioso manuscrito da biblioteca, os nenos e nenas convertéronse en investigadores e investigadoras coa misión de descubrir quen fora o responsable.

Para resolver o caso, realizaron un experimento de extracción de ADN dos chícharos, utilizando materiais cotiáns e seguindo os diferentes pasos do proceso. Deste xeito, puideron coñecer máis de preto que é o ADN, como se pode extraer e que relación ten coa biotecnoloxía.

Foi unha oportunidade para achegar a ciencia ao alumnado dun xeito práctico, participativo e divertido, demostrando que as historias tamén poden ser unha porta de entrada ao coñecemento científico.
Esta actividade enmárcase no programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.