xoves, 25 de setembro de 2025

OBRADOIRO DE MICOLOXÍA



Un ano máis contamos no centro coa presenxa de Miriam, de Amabul. E un ano máis veu a ensinarnos moito sobre o mundo dos cogomelos. Con ela aprendemos unha variedade de aspectos sobre eles como as súas partes, os tipos, hábitat... 

Non todo foi charla, senón que ao final de cada quenda houbo oportunidade para demostrar o que aprendemos cuns xogos!

Moitas grazas Miriam pola túa labor e bo facer!

Clicade no link para ver o ben que o pasamos!

FOTOS

venres, 12 de setembro de 2025

CAMPAÑA SOLIDARIA RECOLLIDA ROUPA E CALZADO USADO

Un ano máis tentaremos colaborar cunha campaña solidaria de recollida de roupa e calzado cada trimestre.

Así pois, comezamos coa deste 1º trimestre.  A recollida terá lugar ata o día 2 de outubro.