venres, 28 de marzo de 2025

Inauguramos patios dinámicos.

Cheira a fin de semana e hoxe na biblioteca comezamos a actividade "Queres ser un saltimbanqui?" para que os que queiran movan un pouco o corpo a ritmo de bailes. Será todos os venres na hora do recreo.

Foi todo un éxito e esperámosvos o próximo venres!!



xoves, 27 de marzo de 2025

O marciano Mariano

 Onte os alumnos de PC de 6º, presentáronlle un novo amigo aos compañeir@s de Infantil. Non só llo levaron, senón que lle prepararon as instruccións, o taboleiro e lles explicaron como funcionaba.




martes, 25 de marzo de 2025

EXCURSIÓN A GALIPARK




O pasado luns tivemos unha excursión de todo o cole a Galipark, en Padrón. Un parque multiaventura moi divertido no cal os nosos peques pasaron unha mañá moi entretida. 

As nenas e nenos de infantil xogaron nos hinchables, fixeron chapas e chaveiros moi molóns. Por outra  banda, primaria, que xa teñen máis "altura" participaron no primeiro nivel da ponte colgante, tiráronse na tirolina, lanzaron frechas no tiro con arco e remataron con láser tag.

Pasárono pipa e algún preguntaba na saída se volvíamos para o ano!

Deixamos un Drive con fotos do día:


FOTOS

venres, 21 de marzo de 2025

MULLER E DEPORTE



Co gallo do 8-M, o alumnado de 5º e 6º fixo un traballo sobre como está a muller dentro do deporte. Falamos sobre a igualdade neste ámbito. Que mellor maneira de facelo que contar con 12 mulleres que falaron con nós, parte na Radio 23, parte desde as súas casas. 

12 mulleres que nos ensinaron moito e ás que lles queremos dar grazas por compartir as súas experiencias!


ADRIÁN entrevista á súa avoa Lita, muller que realiza varios deportes como senderismo, natación ou ximnasia de mantemento.
   

 CANDELA fala con Susi, coñecida atleta modestina, sobre muller e deporte.
   

 CAROLINA conversa cunha profe do centro. Veremos como é a igualdade no crosfit.

   

 HÉCTOR presenta o seu traballo cunha entrevista á súa nai. Cun pasado relacionado con varios deportes participará neste faladoiro.

   

 IVÁN entrevista a Mariana, veciña modestina que practicou xadrez durante varios anos.

   

 JOSUÉ fala con Fina, exfutbolista do mítico Cebarca feminino. Muller e deporte no mundo do fútbol.

   

 JULIA trouxo á Radio 23 a Lidia, a súa madriña e deportista desde hai varios anos.

   

 NUNO tivo un anaco coa profe Elena para falar sobre o papel da muller no deporte. Neste caso toca fútbol.

   

 OIHANE tráenos a Andrea, profesora de hípica panameña que nos dará o seu punto de vista sobre a igualdade no seu ámbito de traballo.
   

SERGIO compartiu un momento con Raquel, deportista local que practicou fútbol durante moitos anos e recentemente gañadora de títulos e copas coa bicicleta.

   

 UXÍO preséntanos a Lucía, a mestra de xadrez do cole. Falamos de mulleres no mundo do xadrez.

   

 VALERIA entrevista á última das nosas futbolistas. A súa tía Loli que practicou fútbol durante anos.

 

domingo, 16 de marzo de 2025

CROS INTERCOMARCAL EN O FEAL

A segunda fase do cros de XOGADE levouse a cabo en O Feal, Narón. Ata alí foron Éric e Noel, os nenos que consigueron clasificarse da primeira fase. Pasaron unha mañá moi entretida e fixeron unha gran carreira!





sábado, 15 de marzo de 2025

SAÍDA Á PRAIA DE CABANAS

 Este xoves, 13 de marzo, as alumnas de alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º tivemos a sorte de poder contar cunha charla impartida por unha bióloga do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) coa finalidade de achegarnos a problemática do lixo mariño, especialmente a que ten que ver cos plásticos.


Posteriormente, o venres 14 acudimos ata a praia da Madalena, en Cabanas, para poñernos mans á obra e, en pequenos grupos, realizar unha limpeza da mesma.
En 45 minutos fomos capaces de recoller máis de 700 obxectos residuais: plásticos, tapóns, cabichas, cordas, toalliñas húmidas, etc. Xuntamos entre todos os equipos 11 kilos de lixo!

Esta actividade enmárcase dentro do Programa de Sensibilización do coidado do medio ambiente.

A natureza necesita da nosa axuda!

Pinchade na imaxe para ver as fotos.







luns, 10 de marzo de 2025

LENDAS MEDIEVAIS MODESTINAS!



Nas clases dos grandes (3º a 6º) seguimos a traballar conxuntamente no tema das lendas do medievo. É un tema que está gustando e nesta ocasión tocou profundizar máis nas historias locais.

Grazas á xente que nos axudou nas nosas pescudas, e a varios libros consultados, logramos ter un pequeno recopilatorio de lendas modestinas que queremos compartir con vós.

Pero... xa sabedes que a nosa rapazada é de usar a creatividade e darlle unha volta de rosca máis. Por iso é que decidiron contar esas lendas en formato podcast. E non un podcast calquera: temos desde soños, contos en primeira persoa e ata viaxes no tempo!! Non deixan de sorprendernos aos profes coas súas ideas!


VASCO, O TROBADOR DE MOECHE (CANDELA, ADRIÁN, ESTELA, ASIER E ÁNDER)  
OS LOBOS DE MOECHE (OIHANE, ÁLVARO, SERGIO E UXÍO)  
 A LENDA DE SAN XIAO (IVÁN, JULIA, TEO, ALEXIS E NIKO)  
LENDAS CURTAS MODESTINAS (SHAYLA, HÉCTOR, JOSUÉ, VALERIA E LÍA)  
MÁIS LENDAS CURTAS (NUNO, ABRAHAM, CAROLINA, ÉRIC I EFRÉN) 

Elas puxeron as pedras, nós defendemos o castelo.

 Como sabedes o sábado celebrouse o 8M como día internacional da muller.

A nosa modestina que anda alá pola Idade Media quíxonos poñer en contexto sobre os dereitos das mulleres naquela época, e como grazas á loita dalgunhas hoxe en día vivimos en igualdade.

Ademáis tamén puidemos facer un marcapáxinas e resolver unhas adiviñas para ter un recordo deste día. 















Pero por se vos parece pouco...agardade o traballazo que están a facer os máis maiores...

P.D. Libro pechado...





Castelo lector

 Hoxe é o turno de Nuno, que fixo este bastón oriental dun dos libros de manualidades. 

Ben feito!



xoves, 6 de marzo de 2025

Castelo lector

 Como sabedes hai unha serie de probas para conseguir gañar o torneo de xustas. Unha desas probas é facer unha manualidade a partir dun libro de esta temática.

A primeira foi Candela, que este entroido estivo facendo un complento que lle quedou moi ben.



Feliz día, e esperamos máis creacións.