venres, 28 de febreiro de 2025

ENTROIDO 2025

Como xa é tradición o Entroido comezaba xa hai uns días no cole coa chegada do Meco. Este ano tocou un ben trastiño que se encargou de facernos levar de todo durante uns días!!!

Calcetíns nas mans, roupa do revés, disfraz tolo... e senón... FARIÑA!!!

Pero todo foi un pequeno quencemento para o gran día. Hoxe enchemos as rúas modestinas de castrexos e castrexas. Lembrade que este ano intercambiamos as vestimentas cos nosos amigos e amigas de Cerdido.

Con machados e trisqueles iniciamos o noso roteiro por San Ramón ata o Concello, onde nos recibiron e cantamos unha canción con baile! 

Logo tocaba volver ao centro e desfilar, tantos nenos/as como aquelas familias divertidas que fixeron este día un pouco máis especial se cabe. No concurso os mellores disfraces foron para:

- A medio gas, onde coma sempre, Xian ofreceu as súas mellores galas e deleitou ao público cuns derrapes de gran motorista.

- O príncipe de Balocos cun viaxe á infancia das mamás e papás que puideron recrear unha das loitas máis típicas das merendas do Xabarín: SonGoku vs Picolo.

- Las mamis en el Gym. Catro rapazas que demostraron estar moi fit, levantando as súas pesas e facendo os seus exercicios que evidenciaban grandes resultados na súa musculatura.

- Equipo Vileda. Unha señoriña que deixou o chan do centro moi limpiño co seu exército de fregonas. Un disfraz "de altura" que non deixou indiferente a naide.

Xa co Meco Pepe chorando os seus últimos lamentos, as nenas e nenos léronlle as súas coplas. Unha vez máis as profes cobramos moito máis que o Meco. Todas estiveron de marabilla, pero o xurado decidiu nomear gañadoras deste ano a:

- Martín, de 2º de primaria.

- Efrén, de 4º de primaria.

- Oihane, de 6º de primaria.

O alumando de 3º e 4º encargábase de ler por Pepe o seu testamento antes de ser queimado, dando fin ao Entroido deste curso.

Deixamos un vídeo resumo da xornada de hoxe. Queremos das grazas a todas aquelas persoas que vos animastes a pasar un ratiño con nós.

Que teñades un bo fin de semana longo!



mércores, 26 de febreiro de 2025

Querida Rosalía...

 O pasado 23 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro. Nós conmemoramos este día o venres 21 mediante a actividade "A túa poetisa invisible". Cada un de nós escribimos unha estrofa dalgún poema de Rosalía para enviar ao noso "amigo invisible".

Ademais de forma voluntaria o alumnado foi montando un quebracabezas para este día.

Moitas grazas a Iván, Héctor, Oihane e Candela por organizalo!



MIGALLAS!




O pasado venres tivemos a gran sorte de contar no centro coa compañía teatral Migallas. Trouxeron o espectáculo "Brincadeiras da lingua", mediante o cal aprendemos moitas desas cancións e xogos da nosa lingua á vez que pasamos un pedazo realmente divertido...

Queremos dar grazas ao Concello de Moeche por ofrecernos esta posibilidade.


martes, 25 de febreiro de 2025

Escudo Medievais!

 Xa somos un pouco máis medievais, xa temos listos os nosos escudos seleccionados do concurso.



Os gañadores son:

Reino Modestino: Sofía Sabio López

Territorio Os sabios: Candela Bello Otero

Territorio Irmandiños: Alexis López López

Territorio A Torre de 1º e 2º: Clarís Moledo López

Territorio Os coelliños: Sandra Fernández García

Territorio Historicolandia: Valeria Casas Breijo

Moitas grazas pola participación!






luns, 24 de febreiro de 2025

LENDAS MEDIEVAIS TEATRALIZADAS

As nenas e nenos de 3º a 6º realizaron un proxecto durante estas semanas consistente en teatralizar varias lendas medievais.

En primeiro lugar, baseándonse en libros da nosa biblioteca contextualizaron varias lendas dentro da época en cuestión. Logo, traballando en grupos e despois dunha escolla, analizaron a lenda e adaptaron os seus textos a un guion teatral. Xa só quedaba poñerse as mellores galas e a interpretar!!!

As narracións escollidas son: Robin Hood, O cantar de Mío Cid, A cantiga de Roldán, Os cabaleiros da mesa redonda e Romeo e Xulieta.

Hoxe tivo lugar a estrea mundial na biblioteca para o resto de compis e profes do cole, pero temos todas elas en vídeo para que poidades desfrutar das mesmas!



sábado, 22 de febreiro de 2025

Obradoiro de alfabetización e acollemento emocional

 O mércores, xoves e venres de esta semana puidemos desfrutar dun taller sobre as nosas emocións. A rapazada estivo aprendendo a identificar as emocións, a expresalas e a xestionalas mentres xogaban todos xuntos. 

Dende o centro damos as gracias a GestiónPlus e ao concello de Moeche por achegar aos nosos nenos e nenas unha aprendizaxe tan necesaria e enriquecedora.

Podedes ver todas as fotos dos talleres premendo aquí.




venres, 21 de febreiro de 2025

ARRINCAMOS CO ENTROIDO!!!



Como xa é tradición, as cousiñas de Entroido comezan no San Ramón uns días antes... Para abrir boca presentamos ao Meco Pepe, que hoxe apareceu nos corredores do centro co primeiro mandato. As nenas e nenos terán que estar moi atent@s e cumprir todas as ordes que vaian dando se non queren probar algunha das súas trasnadas!

Iso si, o plan será queimalo o vindeiro venres 28 na festa de toda a comunidade educativa, previa lectura de coplas as cales vos animamos a participar. Haberá unha menciòn para aquela familia que realice a copla máis orixinal ao noso Meco.

Por outra banda, como manda a tradición, dito venres tamén teremos un concurso con varias categorías de premios para as familias que se animen a facerlles o día un pouquiño máis feliz aos nosos/as peques. Haberá quen consiga desbancar á parella máis aclamada do pasado ano: Barbie e Ken? Veremos de novo grandes comparsas como as que nos tedes acostumados?? Sexa como sexa, a poñerse algo que teñades por casa e a pasalo ben!




mércores, 19 de febreiro de 2025

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2025-2026

 ADMISIÓN DE ALUMNADO - CURSO 2025-2026

O prazo de presentación das solicitudes será do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos.

Formas de presentar a solicitude:

A solicitude pode presentarse cuberta no centro ou ben presentala de forma electrónica a través da aplicación "admisionalumnado" identificándose con Certificado Dixital ou Chave 365(Procedemento ED550B)

Documentación a presentar xunto coa solicitude:

- DNI do alumn@(en caso de telo) e dos membros da unidade familiar.

- Libro de familia

- Certificado de matrícula(só en caso de vir doutro centro educativo)

- Resolución xudicial en caso de separación ou divorcio dos proxenitores. 

Aplicación admisión alumnado 

Modelo admisión alumnado

Normativa relacionada

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).


luns, 17 de febreiro de 2025

Día da Radio

 O pasado xoves 13, celebrouse o día mundial da Radio. Na nosa biblio quixemos contar coa presenza de José María Bará, para formar ao noso alumnado neste apaixonante mundo.

José María é un experto técnico e locutor de Radio con 25 anos de experiencia no mundo da radiodifusión. Traballou na Cadena Ser, 40 Principales, Cadena 100...entre outras. Traballou como locutor, director, redactor, presentador... e actualmente é provedor de contidos de audio que compatibiliza coa realización de obradoiros en centros educativos.

Foi unha mañá intensa pero moi proveitosa para seguir creando na nosa Radio 23.






VALENTINE´S DAY

Last Friday, we celebrated Valentine's Day by recycling some puzzle pieces that represent our love for others.




 




mércores, 12 de febreiro de 2025

A FEDERACIÓN GALEGA DE AUTOMOBILISMO VISITA O NOSO CENTRO

Dentro do programa "A FGA nas aulas", Moeche foi unhas das escolas que desfrutou desta actividade. Membros da federación e da Escudería Moeche presentáronse no cole para contarnos un pouco máis deste deporte. 

Ademais de falar membros da FGA tivemos a oportunidade de que os coñecidos modestinos Antonio e Lucía Amor, Moisés García e Juan José Sueiras narrasen a súa experiencia e traxectoria neste deporte. 

E como colofón final puidemos subir no lexendario 124 de Antonio Amor e o Saxo Kit Car de Sueiras.

Deixamos a nova que publicou a entidade na súa web:

CLIC PARA VER A NOVA

XORNADA DE PORTAS ABERTAS!

Estamos preto do período de admisión de matrícula para alumnado de nova incorporación, polo que imos celebrar unha xornada de portas abertas para todas aquelas nenas/os e familias que esteades interesadas en formar parte da nosa comunidade educativa no vindeiro curso.
Poderás comprobar de primeira man como traballa o noso equipo e visitar as instalacións. Ademais os/as peques coñecerán aos seus futuros/as amiguetes e poderán xogar con eles/as.
Animádevos a vernos o vindeiro 18 de febreiro a partir das 10:30.
Se tedes algunha dúbida podedes chamar ao 881930329





venres, 7 de febreiro de 2025

A RADIO 23 CONSEGUE FREAR O CAMBIO CLIMÁTICO!



Compartimos con vós un podcast creado polo alumnado de 5º e 6º de primaria para participar no Día da Radio de Ponte nas Ondas. A temática era o cambio climático e, tras un proceso de investigación, este é o orixinal resultado!


mércores, 5 de febreiro de 2025

AUDIOCONTOS



Hoxe traemos unha tarefa interesante que realizou o alumnado de 5º e 6º. A actividade consistía en crear un audioconto. Para iso escribimos un conto respectando as súas diferentes partes, logo gravamos co programa Audacity o audio para traballar a expresión oral ademais da escrita e, por último, xogamos con efectos de son para darlle un pouco de ambiente e creatividade á nosa historia. Esperamos que vos gusten!

 Que máis podería pasar?  (CANDELA)


Brut, o raposo   (NUNO)

A historia de Carlota (VALERIA)
 
 Doritos aventureiros (ADRIÁN)  
 Guerra en Nildon (HÉCTOR)  
 A aldea pantasma (IVÁN)  
 As mellores amigas (JULIA)  
 Sergio na cidade encantada (SERGIO)  


 Aventura dos Históric@s (OIHANE)  
 Viaxe ao descoñecido (UXÍO) 

VIDEOCONFERENCIA COS AMIG@S DA BARQUEIRA

Para seguir avanzando no noso proxecto conxunto, o alumnado do CEIP A Barqueira e o noso fixeron unha videochamada. Na mesma, os maiores de cada centro era as encargadas/os de falar sobre a vestimenta típica de cada etapa (Castrexa e Medieval). 

Aprendemos moito e de paso saudamos aos nosos/as amigos/as.