xoves, 30 de xaneiro de 2025

Tratado de paz

 Como sabedes hoxe celebramos o día da paz, e no noso reino particular decidimos firmar un Tratado ao redor da táboa redonda, como facía o Rei Arturo.

Ademais compartimos o momento da merenda, fixemos voar as nosas pombas e enviamos as nosas mensaxes de paz.


Agora toca que nas vosas casas deseñedes un escudo para o Reino Modestino. Decidiremos cal representa mellor o noso reino. Debe cumprir estos elementos:

1.- Modestina

2.- Castelo

3.- Nome do colexio

4.- Libros

Poñede a vosa creatividade a disposición do Reino.







luns, 27 de xaneiro de 2025

HOXE TRABALLAMOS NO CONCELLO!

A pasada semana as nenas e nenos de 5º e 6º tiveron unha clase de Sociais algo diferente. Tocaba tratar o tema da poboación e para comprender mellor todos eses documentos que versan sobre este tema dirixímonos ata o Concello de Moeche, onde o persoal funcionario explicounos ás mil marabillas moitas cousas interesantes. Vimos os libros de rexistro civil e aprendemos algo de historia sobre esa temática con Pilar. Da mesma maneira, cruzando o corredor, Cristina informounos ao detalle o que era o padrón municipal, así como a documentación necesaria para obtelo. Incluso falamos do censo actual da localidade.

Así se aprende moito mellor. Mil grazas pola vosa atención chicas!




luns, 20 de xaneiro de 2025

TORNEOS DE XUSTAS!

A semana pasada, Modestina antes de marchar deixoulles aos seus cativos/as un reto de reconquistar o seu propio castelo.

Para iso deben superar unha serie de retos para conseguir todo o necesario para gañar.


Moito ánimo e sorte!

Recordade:
LIBRO PECHADO... TEMPO TIRADO!


sábado, 18 de xaneiro de 2025

RESERVA DE PRAZA CENTROS ADSCRITOS

 RESERVA PRAZA NO CENTRO ADSCRITO

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 15 de xaneiro ata o 4 de febreiro. 

As solicitudes tramitaranse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación admisionalumnado no menú: Solicitudes > Reserva > Crear. 

 A solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle procedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Calquera dúbida poden poñerse en contacto coa dirección do centro: 

 Teléfono: 881930329 ou 

 Correo electrónico: ceip.sanramon.moeche@edu.xunta.es

venres, 17 de xaneiro de 2025

CROS EN AS PONTES!

Un ano máis, o CEIP SAN RAMÓN participa no cros comarcal que organiza XOGADE, programa da Consellería que promociona o deporte en idade escolar galego. Por segunda vez consecutiva tocaba desprazarnos a As Pontes, na zona da Fraga, que nos esperaba cun bo día para facer exercicio.

Coma sempre, Dani, o técnico de deportes do Concello acompañábanos e era o encargado de poñer a punto á rapazada cuns necesarios movementos de quencemento.

A partir de aí, disfrutar dunha xornada de carreira e convivencia con outros coles da contorna. Tras isto, desfrutar da merenda, uns xogos na Fraga e volta ao cole!

Agradecemos tamén ao Concello de As Pontes o detalle de convidar a todo o alumnado participante un avituallamiento final de carreira de froita e auga.













martes, 14 de xaneiro de 2025

NOVOS PÓDCAST!

E seguimos co funcionamento de Radio 23, a mellor radio de toda a volta!!!

Nesta ocasión temos dous programas para vós... Un deles nace dunha proposta de traballo en Lingua Galega de 6º curso. O profe mandou facer unha descrición de lugar e á nosa amiga Candela, podendo elixir entre as mellores cidades do mundo, pensou que o mellor lugar para describir sería... O SEU CEREBRO!!! E por suposto, tédela aquí para escoitar!





E por outra banda, temos outro grupete que quixo falar sobre o medievo, algo que este ano sona moito polo cole!