
Con motivo da "Semana da Paz" no noso centro decidimos realizar unha andaina solidaria por terceiro ano consecutivo.
Participaremos todo o alumnado e profesorado do cole, ademais de todo/a o que desexe acompañarnos. Para poder facela soamente tes que estar na porta do centro ás 12:15 cun quilo de alimentos non perecedoiros que levaremos ata o concello. Este último se encargará de entregalo á Cociña Económica de Ferrol.
ANÍMATE A CAMIÑAR CON NÓS!!! POR UNHA BOA CAUSA...
Asemade, tamén realizaremos unha pequena convivencia cos veciños co CEIP A Barqueira para coeñecernos mellor e disfrutar conxuntamente do espectáculo "Sircópatas" (martes).