A continuación Modestina deixa as súas novas dúbidas que debedes solucionar.
1.- Na outra rolda falabamos de Marcopola, pero seguro que non sabiades que ela ten 3 libros.
Marcopola 1, 2 e 3. Como se chama o terceiro?
2.- Jacobo Fernández Serrano tamén escribiu "A pedra e as formigas". En dito conto, que animal viron as formigas no medio do bosque?
3.- Parece que se está a estrear no cine unha película con sabor galego: "A esmorga". Pero o que Modestina quere saber é en que novela se basou o director e quen escribiu dita novela.

4.- Na película de arriba falan de Auria, unha cidade ficticia que usan para nomear a unha cidade existente en Galicia, cal?
5.- Modestina quere saber como se chama o personaxe mitolóxico galego que aparece na imaxe:

6.- Esta imaxe corresponde a tres pedras que hai en Quiroga (lugar do cal falabamos na anterior rolda). As pedras teñen asociada unha lenda tradicional galega. Nela din que representa a tres persoas, quenes?

7.- Seguindo a lenda de Quiroga da pregunta anterior, que río é o Xarés en realidade?
8.- Modestina estaba o outro día na biblioteca e escoitou discutir a dous alumn@s. O tema sobre o que debatían era "que pesa máis, un Kg de palla ou un Kg de ferro?" Un deles afirmaba que pesaba máis o de ferro, o outro que pesaba máis o de palla. Cal dos dous tiña razón?
9.- Xa sabedes que hai un concurso por familias na nosa escola, "Os selfies de Modestina". Cales foron as súas tres primeiras propostas de selfie?
10.- Hai un lugar en Moeche que se pode ler a seguinte inscripción "Con mi sonoroso son serviré por que aproveche a los vecinos de Moeche y a San Jorge su patrón". A nosa tartaruga quere saber onde é exactamente? PISTA: preguntádelle a Modestina.
11.- Onde se atopan, en Moeche, as antigas casetas da feira?
12.- A nosa mascota está comezando a tolear con tanta pregunta. O outro día Abel lle escoitou decir unhas palabras sen xeito: "Pinche, cornixa, cinta, balagustos, trabe, capa, cubrición". Nesta ocasión, axudádelle a Abel a entender de que fala a súa amiga.
13.- Este ano, nos premios do público do Broadway world Spain 2014 temos unha referencia galega. Modestina quere saber que musical (DA NOSA COMARCA) tivo a honra de obter o premio ao mellor musical para nenos.
14.- En Italia, a noite do 5 de xaneiro non soamente deixan regalos os Reis Magos. Quen deixa tamén algún presente?
15.- Por último, a nosa mascota quere saber cantos meses do ano teñen 28 días?
EXTRA: se resolves que número habería que poñer debaixo das seguintes filas de números poderás sumar no marcador do teu equipo 2 puntos extra. Hai que saber explicalo.
1
11
21
1211