
Hai novas actividades na biblio de Modestina!!!
Xa sabedes que o día 14 de febreiro é San Valentín, popularmente chamado Día dos Namorados. Pois Modestina este ano quere celebralo facendo un buzón de cartas de amor, cariño e amizade.
Para elo, a nosa tartaruga disporá un buzón na entrada da biblioteca para que escribades cartas ou debuxos.
O tema non é soamente o amor, podemos escribir varios tipos de cartas:
- Cartas de amor.
- Cartas de mostra de cariño a un amigo/a, familiar, a Modestina...
- Debuxos dos temas enriba mencionados para os máis peques...
Pode realizarse de maneira anónima ou firmando co noso nome. Debemos escribir o que sentimos, facéndoo sempre desde o respecto, usando un vocabulario axeitado e cumprindo as normas ortográficas.
O día 14 de febreiro Modestina se encargará persoalmente de repartir as cartas ós destinatarios.
Recomendamos a participación do alumnado na actividade xa que é unha maneira lúdica e motivacional de practicar composición escrita, ortografía, arte...
ANÍMATE!!!
O buzón está que bota fume, Modestina me dixo que está encantada de recibir correo.
ResponderEliminarE ti, a que esperas???