http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS

sábado, 21 de xuño de 2025

GRADUACIÓN

E toca despedir etapas educativas...

Por un lado queremos felicitar a Julieta e Isabella polo seu paso a Educación Primaria. Dúas nenas que se van seguir formando no centro, pero xa no piso de arriba, onde os "maiores". Despídense da clase da profe Elena para seguir aprendendo moi ben como o fixeron ata agora. Parabéns chicas!!!



E polo outro, tamén é momento para que o alumnado de 6º curso deixe o cole para seguir a súa nova andaina no CPI San Sadurniño. Iván, Candela, Nuno, Oihane e Héctor despídense do San Ramón para seguir sendo tan bos rapaces/as como ata agora. O claustro de profes quere agradecervos o voso paso polo cole, cunha actitude exemplar durante os 9 anos que estivestes aquí. Parabéns e moita sorte! Esperamos que veñades de visita de cando en vez.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.