http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS
▼
venres, 10 de maio de 2024
Animais dos bosques de Galicia
Queridas familias:
Esta semana, aínda que non se vexa no video, traballamos contidos relacionados coa loxica matemática e a lectoescritura, falamos e representamos una emoción nova, coidamos os vermes de seda, fixemos asembleas, traballamos contidos temporais coma días da semana, do mes, o tempo que vai fora, e fixemos debuxos para que os demais adiviñen de que se trata, para logo escribilo, coa axuda da profe. E como nova iniciativa, o encargado escolle un compaleir@ para que lle diga una palabra bonita, que logo traducimos ao galego, escribimos e colocamos nun mural, elaborado por eles para este fin. E por suposto, lemos os chistes que enviades, sempre.
Tamén estivemos presentando os nosos traballos do proxecto de animais do bosque, e comezamos con aspectos relacionados coa protagonista das Letras Galegas deste ano.
PD. Non hay fotos de todo, pero poderedes velo, cando se envíen os traballos para casa ao finalizar o trimestre.
No sempre me da tempo de sacar fotografía ou video, eso non quere dicir que non o fixeran, solo son algúns dos momentos da xornada.
Desfrutade, e boa fin de semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.