http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS
▼
venres, 26 de abril de 2024
Semana do libro
Queridas familias:
Esta semana foi moi especial, a "semana do libro" , cun mercado solidario, un contacontos e un apadriñamento lector, como pratos principais!
O martes, tivemos un día libre, e o mércores un montón de novas aventuras por contar.
Dende hai un par de semanas,os mércores falamos un pouco de emocións, e esta vez tocou a tristeza, que despois representamos a través dun debuxo.
Ao longo da semana, escribimos a receta da semana pasada, nun pequeno recetario que estamos a elaborar.
E, finalizamos o venres, cun contacontos e o apadriñamento lector, onde os maiores estiveron lendo aos mais pequenos da casa.
Se queredes desfrutar un ratiño en familia, premede no enlace.
Boa fin de semana.
Saúdos e apertas
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.