Un ano máis participamos no Plan Proxecta de Mobilidade Sostible e Segura. Unha das actividades que estamos a levar a cabo é que unha parella de "policías" velen porque no centro se cumpran as normas de seguridade viaria nas entradas e saídas da escola. Están a facelo con absoluta responsabilidade e as nenas e nenos cumpren moi ben as normas de circulación viaria. E cando hai algún pequeno despiste reiterado...pois toca levar unha multa na que se desconta un punto do noso carné!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.