http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS
▼
martes, 14 de abril de 2020
Tarefas 1º e 2º. 14/04/2020
Ola a todos e todas!
Hoxe, gustaríame escribirvos unhas palabras antes de achegarvos as tarefas.
É un día triste, pois gustaríame estar no cole con tod@s vós, acompañándovos coas vosas aprendizaxes, podendo axudarvos e explicarvos en persoa. A verdade é que nin nos peores soños, imaxinei que o mundo no que vivimos se parase desta forma... pero hai que afrontar os problemas como veñen e intentar buscar solucións para seguir día a día!!
Boto de menos entrar na clase e que me gastedes bromas, e bueno... xa non digo cando vos escondedes para darme sustos!!
Quero dar as grazas (da miña parte e de todos os mestres do cole) a todos os vosos familiares (nais, pais...) que están cada día axudándovos da mellor maneira que saben, e que o están a facer fenomal. Imos saír desta xuntos!!
Agora sí, comecemos!!
Fichas coas tarefas:
ficha 1º primaria
ficha 2º primaria
Ata mañán!! Bicos para tod@s. Sonia
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.