Este ano, con motivo da celebración do Día da Paz levaremos a cabo
varias actividades (día 29 de xaneiro), nalgunhas delas podedes
participar, como é o caso da Andaina Solidaria para a recadación de
alimentos non perecedoiros, que irán destinados á Cociña Económica de
Ferrol. En ambos teremos a colaboración do Concello de Moeche.
PARA
PODER PARTICIPAR NELA SOAMENTE TES QUE APORTAR 1 KG DE ALIMENTOS NON
PERECEDOIROS E ESTAR NO CEIP SAN RAMÓN DE MOECHE ÁS 11:45 HORAS.
Sairemos cara o Concello de Moeche, onde deixaremos os produtos que eles levarán a Ferrol.
Por
outra banda tamén celebramos este ano unha Carreira "Km de
solidaridade" para axudar as familias de Rohingya que se viron obrigadas
a desprazarse a un campo de refuxiados. Para iso, as nenas e nenos do
centro están estes días a buscar "os seus patrocinadores" que aportarán a
cantidade de diñeiro que crean convinte a cambio de voltas de
percorrido (simbólico, todos corren unha distancia acorde á súa idade)
para enviar, a través de Save the Children, á xente dese pobo.
PARA
PODER PARTICIPAR NA MESMA PODES OU BEN PRESENTARTE DIANTE DA CASA DO
CONCELLO ÁS 12:30 E CORRER/ANDAR CON NÓS, OU BEN REALIZAR UNHA DONACIÓN A
TRAVÉS DO ALUMNADO DO COLE.
TRAZADO DA CARREIRA NA SEGUINTE IMAXE:
ANIMÁDEVOS A PASAR UN DÍA SOLIDARIO CO CEIP SAN RAMÓN!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.