O pasado mércores na biblioteca do cole tivo lugar unha sesión de experimentos na cal o alumnado de 4º, 5º e 6º explicaron aos demais unha morea de cousas interesantes sobre as construcións de Theo Jansen, o Efecto Venturi ou o Principio de Arquímedes entre outros.
Fixeron unhas grandes exposicións e ademais deixaron que os máis pequenos probaran os seus experimentos, realizados coa profe Almudena nas clases de Plástica e Ciencias da Natureza.
Deixamos algunhas fotos do acontecemento:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.