Hoxe celebramos o día do medio ambiente con varias actividades. Comezábamos o día con forza xa que o primeiro era subirse ao autobús para dirixirnos Ás Somozas e celebrar alí a primeira parte do día. Alí, entre contacontos, talleres de reciclaxe e moitos agasallos visitamos a feira que organizaba o seu concello.
De volta no cole, despois dun merecido recreo e previa merendola, fomos á biblioteca onde nos esperaban Pilar e Bea do concello para continuar coa festa. Un interesante vídeo sobre o gran papel que teñen os nenos e nenas no futuro medioambiental servía para romper o xeo. Acto seguido fixemos unhas lecturas como manifesto do día de hoxe e para rematar a tradicional entrega de plantas, cortesía do concello de Moeche.
Agradecemos a ambos concellos a celebración das mencionadas actividades...
Podedes ver unha galería de fotos clicando aquí
P.D. Hoxe na biblioteca tivemos outra lectura de familias diferente, a cal subiremos nos posteriores días no apartado de biblioteca!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.