A Fundación Amigos da Infancia visitou o pasado xoves o noso centro para falar de voluntariado. Foi unha charla moi amena na cal aprendemos moito sobre a importancia de axudar aos que máis o necesitan e sobre que actividades podemos realizar para prestar dita axuda.
Pola nosa parte tamén lles comentamos nós que somos un cole moi solidario xa que partindo do programa BIBLIOTECAS SOLIDARIAS levamos a cabo moitas actividades nas cales ofrecemos unha cousa moi valiosa para ofrecer axuda aos demais: TEMPO.
Deixamos algunha foto da xornada:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.