Nesta semana, ademais de quentar motores para o Entroido realizamos moitas actividades no noso centro, deixamos algunhas fotografías das mesmas:
ANDAINA SOLIDARIA
Por terceiro ano consecutivo realizamos unha camiñada que rematou no concello. O fin da andaina era solidario xa que conseguimos 91 quilos de alimentos que o Concello de Moeche fará chegar á Cociña Económica de Ferrol...
FOTOS ANDAINA
CONVIVENCIA CO CEIP A BARQUEIRA
O pasado martes convidamos aos nosos veciñ@s e amig@s de Cerdido para compartir unha mañá de xogos, manualidades e teatro. Pasámolo xenial!
FOTOS CONVIVENCIA
SAÍDA A FERROL
O xoves collimos o autobús para visitar a cidade departamental, onde tivemos a oportunidade de realizar unha actividade na Fundación Abanca os máis peques e ver un espectáculo teatral da compañía Baobab no Jofre o resto...
FOTOS FERROL
XORNADA DE CAMPO A TRAVÉS
Un ano máis, o alumnado de primaria participou nas xornadas de Campo a través organizadas pola plataforma de XOGADE. Nesta ocasión tocou queimar zapatilla nas terras de Valdoviño. Velaí unhas fotos do gran esforzo realizado polos nosos pequenos atletas!
FOTOS CARREIRA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.