Nos pasados días tivemos dúas interesantes actividades no colexio:
A primeira delas foi unha excursión de todo o centro a Ferrol, onde puidemos visitar a zona do Cantón de Molins, Mercado da Magdalena, Aula de ecoloxía urbana e Museo Naval. Aprendemos moitas cousas, e ademais pasámolo en grande, proba diso son as seguintes fotos...
EXCURSIÓN A FERROL
Da mesma maneira, fixemos unha actividade no centro en relación ao Día da Infancia. Grazas ao concello de Moeche tivemos a oportunidade de coñecer a Fredo Fox, un pequeno raposo que nos contou a labor de Unicef e tamén ensinounos moito sobre a importancia desta data.
FREDO FOX
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.