Aquí deixamos as respostas...
1.- O lugar coñecido no que descansaba a nosa tartaruga, como ben resolvístedes, era o antigo palco das festas de Santa Cruz. Se estamos nese lugar a Casa do Concello máis próxima é a de As Somozas (desde ese lugar chégase antes).
2.- Nesta segunda fotografía Modestina estaba colgada dunha árbore que hai ao pé da antiga Casa do Concello de Moeche, na parroquia de San Xurxo.
3.- Estabamos diante do colexio, e se pode ver o pavillón de deportes. Xusto detrás de Modestina temos unha estación meteorolóxica coa cal os nenos e nenas do cole miran as temperaturas, precipitacións etc
Tamén se pode ver a pista de fútbol sala do centro que se usa, cando nos portamos ben, para xogar...
4.- No último selfie do concurso Modestina foi ao aparcamento do pavillón polideportivo municipal, que é amplo para acoller os grandes eventos.
MOITAS GRAZAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN NO CONCURSO. NON DUBIDEDES EN APUNTARVOS PARA O ANO PRÓXIMO!!!
FAREMOS A ENTREGA DE PREMIOS DESTE CONCURSO O VENRES NO RECREO. SORTE E QUE GANE O MELLOR!!!
BICOS MODESTINOS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.