O pasado martes 21 de outubro celebramos no cole unha festa das froitas do outono. En días anteriores, nas aulas, traballamos as mesmas e os nenos/as foron traendo da casa diferentes exemplares para unha exposición que se realizou na corredor.
O martes en cuestión baixamos tod@s os grupos a ver a exposición e falar sobre os diferentes froitos que alí había, apredimos como se chamaban en galego, castelán e inglés!
Despois, como non pode ser doutra maneira, fixemos unha comellada!!!
E quedaron poucas froitas...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.