Nota informativa:
Agradecemos dende o centro a colaboración daqueles país/nais que xa fixeron o ingreso da cuota voluntaria na conta do comedor. Como sabedes, o comedor do centro con estas pequenas axudas pode ofertar unha comida de mellor calidade aos nenos e nenas do colexio. Tamén permite ao comedor poder mellorar un pouco as instalación(mercaremos novas estanterías para que cumpran cos requisitos de inspección sanitaria).
Dende aquí queremos agradecer tamén ao concello o seu esforzo de mellora no centro. Durante estas vacacións, poñerán nova a carpintería da cociña.
Recordar, finalmente, a todas aquelas familias que aínda non colaboraron coa cuota voluntaria do comedor( e podan facelo) que o fagan para poder seguir traballando por unha boa alimentación dos rapaces.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.