O pasado venres na biblioteca Modestina convidou a todo o alumnado a unha nova sesión de cine.
Este día tocou un vídeo sobre uns personaxes que eran os Vikingos e no cal vimos como foron capaces de conquistar toda Europa!
Os nenos portáronse moi ben e como foi un día especial, deixáronnos merendar na biblioteca!
Velaí algunhas fotos da sesión de cine. Para a semana seguinte máis e mellor!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.