http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS
▼
xoves, 31 de outubro de 2013
FESTA DO MAGOSTO E SAMAÍN
Eran as 9:15 da mañá, o Señor Lorenzo estaba a portarse bastante ben, todo indicaba que podería ser un bo día, e así foi.
Os nenos xa comezaban a entrar, algúns disfrazados, que aproveitaban para asustar aos seus compañeiros/as. Todo estaba preparado, tan so entrar, calmar os nervios e...para a COVA DO SAMAÍN!!! Un ano máis nos esperaban na biblioteca os seres máis fantásticos para tratar de asustarnos. Unha "terrorífica" bruxa contaba dous contos, un para Infantil e outro para Primaria, non sen antes atravesan o perigoso "Túnel do Terror".
Acto seguido precisabamos un pequeno recreo para descansar de tanto medo e prepararnos para o seguinte... tocaba traballar!
As familias foron entrando no centro, cargad@s coas cabazas e os materiais. Tras unha dura hora de traballo xa quedaba feita. Tenebrosas, simpáticas, enxebres e orixinais. Había de todo!!! O xurado o tiña moi difícil. E, claro está, as máis elaboradas recibiron un pequeno agasallo.
Máis entregas de premios, agora tocáballe ós máis terroríficos contos e debuxos de medo que os máis valentes se atreveron a contar e debuxar, todos eles estupendos!
Agora si, xa non podíamos máis, tanto traballar e pasar medo ben tiña merecido as tradicionais castañas do Magosto e as, xa tamén tradicionais neste centro, empanadas e pastelóns. Co bandullo cheo foi cando nos despedimos non se antes dicirnos...ATA OUTRA!!!
Dende o centro queremos agradecer a TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA pola sú labor neste día tan fermoso.
Saúdos.
Os mestres do CEIP San Ramón de Moeche.
Podes ver todas as fotos do día no seguite enlace: https://picasaweb.google.com/105786060229737571282/FESTASAMAIN2013
Gustame moito.
ResponderEliminarDesculpade o erro que houbo ata o día de hoxe e polo cal non se podían ver a totalidade das fotos. Xa está arranxado!
ResponderEliminarFacede clic no enlace e veredes todas!