http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS

martes, 29 de abril de 2014

UNIDADES DE MEDIDA



Para completar o tema traballado na aula, deixo unha serie de enlaces que seguro que vos axudarán a praticar e afianzar os coñecementos:

LONGITUD

CAPACIDAD Y PESO

SUPERFICIE

MÁS DE LONGITUD Y SUPERFICIE

luns, 28 de abril de 2014

CONTACONTOS MOI ESPECIAIS

A quen non lle gusta un bo conto, eh? Pois claro, a todos. Pero especialmente aos nen@s de infantil e principalmente cando son contados por uns contacontos con TALENTO, ENTUSIASMO E MOTIVACIÓN, os compañeir@s de 1º de Primaria. QUE BEN O FIXERON!!! Grazas.


                                       

                                             
                                    
                         
                                                    

                                                  


domingo, 27 de abril de 2014

EXCURSIÓN A ALCAMPO

Hai unhas semanas saimos de Moeche para facerlle unha visita ao hipermercado ALCAMPO. Alí os de infantil percorrimos o establecemento coa inestimable axuda dunha empleada e aprendimos unha morea de cousas (nomes de alimentos pouco comúns, etiquetados, almacenaxe, envasados da carne e  pan, ... entre outras cousas). Tamén enchimos as nosas barrigas cunha gran merendola e voltamos a Moeche cargadiños de agasallos, unha foto de grupo de recordo e agradecidos por todo o que nos amosaron.
Para que vos fagades unha idea, aquí vos deixamos unhas cantas fotos.


 
 
 

 







 
 
XENIAL!!!!!!!
 

A PRIMAVERA TÉMOLA AQUÍ XA!!!!

Aínda que a Primavera xa está aquí e faise de rogar, os de infantil temos moitas ganas de vivila, así que nós xa decoramos o noso recuncho especial. Traballamos nel moito, tomando de exemplo as laboriosas formiguiñas.

 Mirade que bonitiño quedou...

sábado, 26 de abril de 2014

Días non lectivos

Informamos que os días 1 e 2 de maio non haberá colexio.

mércores, 23 de abril de 2014

sábado, 12 de abril de 2014

Vacacións de Semana Santa

O venres día 11 de abril comezan as vacacións de Semana Santa que durarán ata o martes día 22 de abril. Vémonos o martes día 22 de abril. Boas vacacións a todos e todas!!

venres, 11 de abril de 2014

ROLDA 7: ESPECIAL BANDAS SONORAS

Boas! Aquí está Modestina de novo, e tedes que ver a que acaba de liar...

Ela é unha gran coleccionista de bandas sonoras de coñecidas películas, pero xa sabedes tamén que é moi argalleira. E claro, argallando e argallando perdeu todos os títulos da súa colección!!!

Para que a axudedes, vos propón que vexades este vídeo, onde ten todas as canción de BANDAS SONORAS DE PELÍCULAS pero están sen nome. Axúdalle a saber cal é cada unha das 20 cancións, ademais de dicirlle quen foi o seu compositor. Mentres soa a música aparece un número que corresponde co número de resposta que tedes que facer.

PEDIDE AXUDA na casa xa que ten a súa complicación...

SORTE!!!!!!!!!!!


mércores, 9 de abril de 2014

RESPOSTAS DA ROLDA DE FOTOGRAFÍAS

1.- Chichen Itza, México.
2.- Blue Hole, Belice.
3.- O gran canón, Colorado EEUU.
4.- Salto do Anxo, Venezuela.
5.- A torre Eiffel, Paris FRANCIA.
6.- Parque Güebb, Barcelona.
7.- O palacio da Magdalena, Santander.
8.- Ciudadela, Menorca.
9.- Anfiteatro romano de Mérida.
10.- Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.
11.-Monasterio de Oseira, Ourense.
12.- Monumento a Julio Verne, o home polbo. Vigo.
13.- Praia das catedrales, Galicia.
14.- Ponte do milenio de Ourense.
15.- Cambados, Galicia.

CLASIFICACIÓN DESPOIS DA SEXTA ROLDA

Ante todo, dar a noraboa a todos os equipos pola gran labor de investigación que estades a facer, sen dúbida o concurso máis igualado de tódalas edicións. Velaí a clasificación:

POSICIÓNEQUIPOPUNTOS FOLLA6TOTAL DE PUNTOS
1
STARTS14 - 3 76
1
CLUB7 + 3 - 3 76
3
ARRASADORES15 + 374,5
4
EL DÚO GANADOR12 + 373,5
5
MODESTINAS1572,5
6
MADRILEÑOS15 + 358
7
START FINISH258
8
MOECHE14 + 352,5



martes, 1 de abril de 2014

RASTRO SEGUNDA MAN

De novo este ano volvemos a facer un mercado de libros de segunda man, aínda que desta vez ampliamos a diferentes obxectos como son produtos de bisutería, xoguetes, material audiovisual...

A partires do día de hoxe poderedes efectuar as compras (a moi bo prezo) dos diferentes materiais expostos nos corredores do centro ata o día 25 de abril. Os horarios de venta son nas horas dos recreos e os luns e martes en horario de 15:00 a 17:00.

Tamén queremos agradecer desde aquí a todas aquelas persoas que aportástedes material para a súa venta, así como animarvos a que compredes durante os prazos asginados, xa que os cartos recaudados serán destinados á realización dunha excursión a final de curso de todo o alumnado do centro.