CURSO 2021-22










PERÍODO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DO 20 AO 30 DE XUÑO!!!


















CHEGA O ENTROIDO E ESTE ANO TEREMOS UN MECO ESPECIAL!!!

ESTADE ATENT@S!!!










BO NADAL E PRÓSPERO ANO 2021!!!















E A TI, QUE CHE GUSTA DESTE COLE?




XORNADA DE PORTAS ABERTAS O VINDEIRO 14 DE FEBREIRO ÁS 11:00 HORAS. VEN A COÑECERNOS!!!



O CEIP SAN RAMÓN DESÉXAVOS UNHAS FELICES FESTAS!!!


 

Unha moi boa nova para o noso colexio. Conseguimos premio no Concurso "Ponte nas Ondas" no que participamos o curso pasado. 

Aquí podedes ver o comunicado ao centro

II CERTAME DE FOTOGRAFÍA - "IMAXES DO PATRIMONIO"

 

Agora queda organizar unha excursión a Vigo en novembro para ir recoller o premio ( UNHA MAGNÍFICA CÁMARA DE FOTOS REFLEX), e o 50% dos gastos da viaxe veñen sufragados tamén polo concurso. 

MOTAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE COLABORASTE CO CENTRO PORQUE FIXESTES POSIBLE QUE ACADARAMOS OUTRO NOVO RETO.

 

 

 

 

 

 

 

Resultado de imaxes para imagenes educativas

 

 

 

 Un ano máis vén Chistín para convocarnos ao concurso de chistes.

A 1ª categoría comeza mañá mesmo, día 1 de maio ata o 6 de maio e Chistín pide que presentedes chistes de "Libros e bibliotecas"

Lembrade que podedes coller as nubes para escribir os chistes  no corcho do corredor donde está exposto o concurso.

MOITO ÁNIMO E TODOS A RIR CON CHISTÍN!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os nenos e nenas do colexio sacaron as malas herbas do xardín do colexio e nunha estupenda sesión de xardinería plantaron unha morea de plantas fermosas que nos regalou Alicia, a nai de Dani Moreno. Agora sí que está bonito o colexio e moito máis alegre.

GRACIAS ALICIA!!




 

 

 

 

 

 

 

  

Xa temos o vídeo de educación vial exposto na páxina do concurso. Aquí tedes o enlace PINCHA AQUÍ

VÓTADE TODOS E TODAS e compartídeo

 

 

 

 

 

 

 

 

Recibimos no centro o agradecemento pola colaboración coa cociña económica. Aquí podedes ver o escrito.


 

 

 

 

 

 

Nesta ocasión colaboramos con SOS AFRICA na campaña de recollida de roupa usada e calzado.

O prazo de recollida comeza hoxe día 8 de marzo ata o día 28 do mesmo mes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.  


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DO 22 DE MAIO AO 23 DE XUÑO DE 2018 .

 

CIRCULAR INFORMATIVA

 

 

 

 

INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS DE 3º PRIMIARIA 23 E24 DE MAIO 

 

 

Unha vez máis o CEIP San Ramón, da mostras de solidaridade colaborando con "Save the Children". Cos marcapáxinas decorados polo rapaces recabamos un total de 261,08€ que foron xa enviados a través do banco Santander e recibimos o agradecemento a través de correo electrónico.

 Non está nada mal para un centro pequEno coma este. GRAZAS A TOD@S !!!

 

 

 

 

 

A CONTINUACIÓN TEDES DOS CHISTES GAÑADORES 

 

CHISTES FINALISTAS 3ª CATEGORIA

 CHISTE 1: SANDRA 6º
 Ábrese o telón e vese a una gorda. Cérrase o telón. Ábrese o telón e vese á gorda armada.
Qué película é?

"Se armó la gorda"

                                                                                                        

SERGIO 3 ANOS
Ábrese o telón, aparece un home moi gordo e outro moi fraco. Cerra o telón. Abre o telón, aparece só o gordo. Como se chama a película?
"LO QUE EL VIENTO SE LLEVÓ".




HÉCTOR 4 ANOS
Ábrese o telón e aparece un can mordendo a un señor.Báixase o telón... Volve a subir, e vese o mesmo can mordendo outra vez ao mesmo señor.
Baiza o telón. Como se chama a película?
"REMORDIMENTO".

 

 

OIHANE 4 ANOS

Ábrese o telón e aparece un coche que pon encima "TASI". Como se chama a película?
MAL ... CON X.

 

 

 

 

 

 

 

FINALISTAS CATEGORÍA: CHISTES DE ANIMAIS

 

LEMBRA VOTAR NA ENQUISA DA PÁXINA PRINCIPAL

 

CHISTE 1: ALEX 5 ANOS

Por que as focas no circo miran sempre para arriba?
Para ver os focos!!!

 

 

CHISTE 2: OSCAR 5 ANOS

Son dúas ovellas xogando ao fútbol.
Unha delas lanza o balón moi lonxe e dille a unha compañeira:
- Beeeee!!!
E a outra contesta:
- Beeee túuuu!!!
  

 

        CHISTE 3: SARAY 6º 

 

- Non sei se conseguirei enamorar

a aquela chica.
-Tes vacas e ovellas?
-Si.
-Pois xa tes moito ganado.

 

 

CHISTE 4: LAURA R. 2º

Meu can é extraordinario: cando quere baila estilo hawaiano, cando quere recolle as zapatillas e tráemas; cando quere canta como Sinatra...
-En serio?!!
-Si, o malo é que nunca quere!!
Laura Rodríguez, 2º primaria

 

 

 

 

 

O Decreto 26/2018, do 1 de marzo, polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 8 de marzo de 2018
establece o seguinte: 

En canto a transporte escolar: 

“Nos servizos regulares de uso especial para transporte de escolares:
Manteranse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde ás 7.30 ata as 10.30 horas e os de saída desde das 13.30 ás 19.00 horas nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio, cuxa lonxitude total sexa superior a 4 km.
Para os servizos de transporte a alumnado de centros de educación especial considéranse esenciais todos os itinerarios existentes nos horarios habituais.”

En canto ao comedor escolar, o citado decreto determina o seguinte:
Nos centros docentes non universitarios de titularidade pública:
Unha persoa de cociña nos centros ordinarios con comedor escolar de xestión directa. Un encargado do cátering en cada un dos comedores de xestión indirecta.
1 auxiliar coidador/a en cada centro educativo que non sexa centro de educación especial e que neste curso teña asignado persoal desa categoría.”
Para acadar a máxima difusión posible, na páxina web da nosa Consellería explícase o antedito.

 

 VAI Á PAXINA PRINCIPAL E VOTA NA ENQUISA O QUE MÁIS CHE GUSTE.

CHISTE 1 : DANI 

-Alto!Saltouse un semáforo en vermello.Teño que poñerlle unha multa.Dime o teu nome.
-Josetxu Irriboteneaindíagirre Urrutxomengasalería de Mangorralluz en Gurruchagaitiaga.
-Vale,por esta vez pode pasar,pero que non se volva a repetir.


CHISTE 1: ADRIÁN 3 ANOS

Vai un do Lepe conducindo por unha estrada sescundaria, cando ve un cartel que dicía:
"Curva perigosa á esquerda". Sen dubidalo... VIROU Á DEREITA!





 


CHISTE 3: SERGIO 3 ANOS

Nun control de carretera, un axente pon unha multa a unha señora por levar o can sen cinturón de seguridade. A señora replícalle ao axente:¡Pero se é un peluche!
Contesta o axente: ¡ SEÑORA, A RAZA NON IMPORTA, SON 100 €!


CHISTE 18: CAROLINA 5 ANOS

Pasa un coche a 100km/h e dille un policía ao outro:
-Ese non é ao que lle quitamos o carné?
- Si, é ese, imos a por el!
Paran ao home do coche e pregúntanlle:
- E o carné?
- NON ME FASTIDIEN, XA MO PERDERON!



 

Aquí vos deixo o agradecemento da Cociña Económica de Ferrol pola nosa contribución de alimentos con motivo do día da paz.

 

 

 

 

 

 

 

 COMUNICADO:

Estimadas familias, unha vez máis imos facer dende o centro unha recollida de roupa e calzado usados. Nesta ocasión colaboramos con Mariola Solidaria en beneficio da ONG Global Humanitaria.

Podedes traer as bolsas ata o xoves día 1 de marzo.

 

Xa estamos no nadal e como todos os anos, celebraremos o festival de nadal no colexio o vindeiro día 21 de decembro ÁS 10:00 horas. Haberá teatro, bailes, cancións, ..... e MOITA DIVERSIÓN.

Tampouco faltará un chocolatiño quentiño con churros e o sorteo de dous magníficos lotes de productos destas datas xunto con algunha manualidade feita polos propios rapaces.

 

ESTADES TODOS E TODAS CONVIDAD@S !

 

Hoxe comeza a campaña de recollida de roupa e calzado no noso centro en beneficio da ONG  Global Humanitaria. Poderase traer as bolsas ata o día 6 de outubro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOTA INFORMATIVA:

 A partir de mañá está convocada unha folga xeral de carácter indefinido para os martes e mércores de cada semana no sector do transporte de viaxeiros por estrada.

Esta folga ten incidencia no sector educativo os días 20 e 21 da semana en curso.
Tradicionalmente os servizos mínimos fixados abarcaban o 100% do transporte escolar ao longo dunha banda horaria ampla que comprendía a totalidade de entradas e saídas existentes.
Porén, os últimos pronunciamentos xudiciais contradixen o criterio mantido ata de agora, determinando para a folga de mañá e pasado mañá teña unha previsión diferente.
 Nos servizos regulares de uso especial para transporte de escolares, manteranse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde ás 7.30 ata as 10.30 horas e os de saída desde das 13.30 ás 19.00 horas nos itinerarios.de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio, cuxa lonxitude total sexa superior a 4 km.
En principio, o noso centro está dentro da lista de oferta de servizos mínimos, non obstante, queremos informar por si houbera calquera incidencia.

 

 

 

INFORMAR DE QUE O PASADO DOMINGO DÍA 11 DE XUÑO NA FEIRA FIXEMOS UNHA RECADACIÓN DE 650€, AO QUE TEMOS QUE ENGADIR COMPRAS QUE A XENTE AÍNDA ESTÁ A FACER DENDE O CENTRO.

QUEREMOS AGRADECER A TODOS A VOSA COLABORACIÓN, EN ESPECIAL A TODA A AQUELA XENTE QUE SIN TER NENOS NO CENTRO, APORTOU O SEU GRAN .

GRACIÑAS A TODOS E TODAS!!! 

Para máis información, detallar que o ingreso total foi de 1650 euros, que descontando os gastos de camisetas(800€), materiais de manualiades( rocalla cristal, contas, pintura spray, fío de cobre,  caixas decorativas...) quedou unha ganacia de 650€.

A excursión do día 11 a Lugo tivo un coste de 520€( autobús 475€+xeados). 

O resto dos cartos irán destinados á excursión de 5º e 6º de fin de curso.

 

 

 

 

 

Xa temos gañadora do concurso de decoración de camisetas. A gañadora é Paula García Campos de 6º. NORABOA!

Este é o debuxo da nosa modestina feita pola gañadora.








CAMPAÑA GLORR DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADOS
Unha vez máis dende este centro educativo participamos noutra campaña de recollida de roupa e calzado. Aquí tedes o cartel.
Pódese traer a roupa ata o día 30 de maio.





CONCURSO DE DECORACIÓN DE CAMISETAS:

Queremos convocar un concurso para os nosos alumnos/as coa colaboración das familias. O concurso consiste no deseño dunha modestina orixinal acompañada dun lema no que se anime á lectura (dito lema debe ser en galego).
O tamaño será de Folio DIN  A4.
O prazo de entregas dos traballos será ata o mércores 19 de abril para que poidan aproveitar as vacacións de Semana Santa.
Animádevos todos a participar. O voso deseño pode ser o que se estampe nas camisetas do colexio que imos facer.
Un saúdo




ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO (DO 1 AO 20 DE MARZO)




 

VOLVE CHISTÍN! 

Participade unha vez máis neste concurso de chistes e todos a RIR CON CHISTÍN.

 

ESTA SEMANA CATEGORÍA DE

 CHISTES CURTOS 

Pídelle ao teu mestres tantas nubes como chistes queiras presentar e MOITA SORTE!

 

 

 

 

 

Aquí vos deixo o enlace ao portal educativo donde atoparedes toda a información de reserva de praza para os nenos/as de 6º que cambian de centro.

RESERVA DE PRAZA

 

 

 

Informarvos de que a partir do día1 de febreiro ata o 15 do mesmo mes estará aberto o prazo para entregar as solicitudes de reserva de praza para o vindeiro curso. Aquí vos deixo o enlace par poder descargar o impreso correspondente. Tamén, de ser preciso, podedes solicitado no propio centro.

 

Modelos de reserva de praza e formalización da matrícula

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Queremos agradecer a toda a comunidade educativa a colaboración co centro nos festival de nadal. Unha especial mención para os membros do ANPA que axudaron moitísimo na montaxe do escenario.

Tamén aproveitamos para informar de que coas rifas das cestas de nadal, recaudamos a cantidade de 503,50 € que por suposto serán destinados á realización de saídas de todo o alumnado do centro.

GRACIÑAS A TOD@AS E FELICIDADES!!!

 

 

 

 

 

Lembramos a todos os membros da comunidade educativa que o vindeiro mércores 21 de decembro teremos no centro o FESTIVAL DE NADAL con un montón de actuacións dos nosos alumnos e alumnas, haberá chocolate con churros e rifaremos estas magníficas cestas con productos de nadal e manualidades realizadas como todos os anos polos nenos/as maiores do colexio.

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!

ENTRADA ás 10:00 horas e remate sobre as 13:30 horas.



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O próximo luns 28 de novembro terán lugar no centro as votacións para elexir ao representante do sector pais/nais no consello escolar. Aquí vos deixo a circular informativa.

 

Mañá os nenos e nenas de primaria farán unha saída ata o concello de Moeche para participar nun pleno infantil donde acompañados dos seus titores poderán facer as súas peticións de mellora para o municipio. A sesión durará aproximadamente unha hora (de 12:00 a 13:00)e volverán de novo para o colexio para reanudar as clases. 

Queremos agradecer ao concello e a Diego de UNICEF por oferatarnos esta actividade que nos parece estupenda.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Aquí vos deixo un modelo de candidatura para todos aqueles que desexen presentar a súa. Tamén podedes pasar polo colexio para solicitar un modelo impreso.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Continuando co procedemento das eleccións ao consello escolar, faise público o censo de pais/nais do alumnado do centro para o presente curso. Todas as persoas que aparecen neste censo poderán presentarse como candidatos á representación dos pais e nais no consello escolar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Aquí deixo a nota informativa que levaron os nenos/as hoxe referente á constitución da xunta electoral que se encargará da organización e supervisión do procedemento de eleccións dos novos membros do consello escolar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

 

IMPORTANTE: TEMOS NOVOS NÚMEROS DE TELÉFONO

881930329/881930330/881930331

 

 

 

 

 

 

 

.

 

 

 

 

 

 

 

 

COMUNICADO:

Infórmase a todos aqueles pais/nais que aínda non entregaron o anexo II modelo de Autodeclaración e especificacións para ser usuarios de comedor  que deben facelo antes do día 5 de setembro.

O modelo pódese descargar dende o blogue ou ben pedilo directamente no centro.

 

 

 

 

Aqueles alumnos/as que solicitaran fondo de libros e quedaran fóra por falta de existencias, pero por declaración de renda lles pertence un nº determinado de exemplares, están nesta lista e recibirán os libros que lles corresponden no centro a comezos de curso.

 

 

LISTAXE DE ALUMNOS/AS QUE RECIBEN FONDO DE LIBROS CURSO 2016-2017

 

 

 

 

 

 

 

 

Os libros de inglés dos cursos 1º, 2º e 3º de primaria que aparecen publicados no listado de libros de texto para o vindeiro curso, foron descatalogados pola editorial. No seu lugar, deberedes pedir os seguintes:

 

 - 1º CURSO: BIG SURPRISE 1 CB+MROM PK. ISBN:9780194516204. Vanessa Railly. 2013

1º CURSO: BIG SURPRISE 1 AB. ISBN.: 9780194516426. Vanessa Railly 2013

 

 

- 2º CURSO:  BIG SURPRISE 2 CB+MROM PK. ISBN: 9780194516211. Vanessa Railly. 2013

 

- 2º CURSO: BIG SURPRISE 2 AB. ISBN:9780194516433. Vanessa Railly 


IMPORTANTE:  os nenos/as de 3º que están no fondo de libros non deben mercar o novo libro. O centro encargarase de darllos.

 

 



 

 

 

NOTA INFORMATIVA:

Abrese o prazo para solicitar ser colaborador nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar.

Para anotarse poderán pasar polo centro ata o día1 de xullo incluído en horario de  9:00 a 11:00 horas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O prazo de formalización de matrícula é dende o 22 ata o 30 de xuño.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Saiu publicada a instrucción sobre o funcionamento de comedores escolares para o vindeiro curso, así como o procedemento de autodeclaración para as familias que desexen enviar aos seus fillos/as aos comedores escolares. Podedes ver toda a información no apartado de SECRETARÍA. Tamén tedes o MODELO DE AUTODECLARACIÓN para descargar

 

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Podedes ver a información e descargar o modelo de solicitude no  apartado do bloque de SECRETARÍA

 

 

 

 

 

 

O vindeiro día 4 de maio, asistiremos á exhibición de caráctor solidario que terá lugar nas Pontes. Alí a garda civil  fará unha exhibición das distintas especialidades: SEPRONA, Tráfico, Policia XUdicial, aérea, servicio de rescate e Seguridade cidadá. Todo o que se recade, irá destinado ás persoas mais  necesitadas da comarca de Ferrolterra e o reparto será realizado por Cáritas.

 

 

 

 

 

 

 

CHISTES FINALISTAS DO CONCURSO "CHISTIN"
CHISTE DE ADRIAN, NOEL E FABIÁN

Están un inglés, un francés e un galego nunha torre.
O inglés berra:
-Polo meu país! (Tírase da torre e morre)
O francés di:
-Polas miñas bandeiras!(tírase da torre e morre)
O galego di:
-Polo meu país e polas miñas pandeiras, eu baixo polas escaleiras!.

CHISTE DE SARAY E MARTA

O morcego quedou cos seus tres fillos para ver quen conseguía sangue máis rapidamente.
O fillo maior vótase a voar e volve en 60 segundos.
-Onde conseguiches o sangue? pregunta o pai
- Ves aquel boi?
- Sí
- O sangue é del.
O segundo fillo sae voando e volve en 40 segundos.
-Donde conseguiches o sangue? Pregúntalle o pai.
-Ves aquela muller?
-Sí
- É dela.
O fillo máis novo sa voando e volve en 15 segundos.
- Donde conseguiches o sangue? Pregúntanlle.
- Ves aquela parede?
- Sí
- Pois eu non a vin.
CHISTE DE JAVI
Había tres amigos que se chamaban: Tonto, Ninguén e Ningún.
Tonto vai e dille á policía:
- Ninguén caeu no pozo e Ningún estao axudando.
A policióa responde:
-Vostede é tonto?
- Sii. Moito gusto
CHISTE DE ALEX
Un día ía camiñando por un campo un poliño e chocou cun zorriño, o cal era de fala inglesa. Entón o zorriño dille:
- "I´m sorry".
E o poliño responde:
- I´m pollito.

Marchamos de vacacións dende o 18 ata o 29 de marzo.

 

BOAS VACACIÓNS A TODOS E TODAS!!!

 

  Gañador do concurso de carteis do 23 de abril de Moeche

 

A Asociación Ecuestre de Moeche comunicou ao centro o gañador do concurso de carteis para o 23 de abril deste ano.

 

A gañadadora é LETICIA CAAVEIRO MERA.  Noraboa!!!

 


O premio que consiste nun vale de 50€ para a libreria local, un vale de dúas clases de equitación na escola de equitación da zona e un agasallo conmemorativo será entregado o día do evento durante a entrega de premios (pola tarde ao finalizar as competicións). 

 

 

CONCURSO DE CHISTES: "CHISTÍN"

 

 

Ola rapaces e rapazas. Aquí estou de novo.

Veña formade grupiños de dous, tres o máis compañeiros e inventade ou buscade novos chistes.

Deixo as nubes para que poidades escribir os chistes e entregarllos ao voso mestre ou mestra. Lembrade un chiste en cada nube de fume.

Estou desexando ler os vosos chistes. ÁNIMO!!!

Por certo, este ano teredes que contalos en grupos a todo o colexio nun acto público de risas.


PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS

Saiu publicada a orde pola que se resolve o procedemento de admisión.
Podedes consultalo neste enlace

  Formulario de admisión de alumnos

LEMBRAR QUE O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA QUE QUERA RESERVA PRAZA EN SAN SADURNIÑO PARA O VINDEIRO CURSO DEBE REALIZAR ESTA RESERVA AGORA DENDE O 1 AO 15 DE FEBREIRO.

Formulario de reserva de praza

 

 

 

 




 

 Axudas material escolar

 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde de convocatoria das axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

Esta nova política social vai dirixida a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

O vale será de 50 euros por neno.

Estas bolsas serán complementarias ao uso do fondo público de libros de texto ou ás axudas á adquisición de libros de texto, segundo sexa o caso.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de mañá día 2 de setembro en horario de 10:00 a 11:00 horas.

Modelo de solicitude

 

 

 

 

 RECOMENDACIÓN:

 

Recomèndase ao alumnado solicitante do fondo solidario de libros de texto que ten unha renda inferior a 9000€ e recibiron menos de 6 libros do fondo, que non merque de momento os libros restantes dado que unha nova instrucción da consellería indica a posibilidade de que sexan adquiridos pola xunta.

O día 23 de xullo saberase o alumnado que entra dentro deste suposto.

 

 

 

 

 

 

 

IMPORTANTE: A entrega de libros do fondo solidario terá lugar a partir do día 1 de setembro en horario de 10:00 a 12.00 horas.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO NO FONDO SOLIDARIO

 


 

 

 

 

 

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO NO FONDO SOLIDARIO

 

 

AXUDA DE LIBROS E FONDO SOLIDARIO

 

Saiu publicada a orde que regula as AXUDAS XE LIBROS para alumnos de 1°, 2°, 4° e 6° para o curso 2015/2016 e tamén a orde que regula o FONDO SOLIDARIO DE LIBROS para os alumnos de 3° e 5°.
Pódese acceder a toda a información, así como á descarga de modelo de solicitude no apartado de SECRETARÍA.

 

 

 

IMOS Á FEIRA!!!



O sábado 23 de maio estaremos na feira de Moeche vendendo materiais para recadar fondos para a excursión de fin de curso de todo o alumnado do centro.
VENDEREMOS:

- O noso segundo libro de receitas elaboradas polas familias dos nen@s do cole (grazas de novo). Nesta ocasión temos primeiro prato, segundo e postre!!!
- Uns fermosos mandiles para poñernos cando elaboremos as suculentas receitas. Dito mandil leva o logo do concurso "Masterchef Moeche" onde se probaban os menús no comedor do colexio e unha foto do castelo feita por un alumno.
- Os resto do mercadiño de segunda man que se fixo no centro (libros, xoguetes...).

XA SABES, ESTE SÁBADO NA FEIRA ESPERÁMOSTE!!!

DIFUNDIDE POR FAVOR!









MODESTINA NA PRENSA!!!

 
Como xa sabedes, a semana pasada saímos na prensa!
"La Voz de Galicia" chamaba ao cole para interesarse por un personaxe moi coñecido no noso centro, non podía ser outra que Modestina. E é que a nosa tartaruga é moi famosa, entre "Modestina quere saber..." e a novidade de este ano "Os selfies de Modestina" non hai quen a pare...
De saber é que sen esa colaboración tanto de alumnado, familias e mestres estos divertidos concursos non serían posibles.
Lede con atención xa que somos noticia!!!
Clica no enlace para ver a reportaxe.

LA VOZ DE GALICIA













 Xa temos gañadores do concurso de Chistín.  




GAÑANDORA FINALISTA  CONCURSO DE CHISTES: PAULA SANJURJO PÉREZ DE 5º

Chega Pepito á escola chorando e pregúntalle a mestra:
- Que che pasou Pepito?
- Roubáronme mestra !
- Ai Deus meuu... e que che roubaron ??
- Os deberes.


GAÑADORA FINALISTA CONCURSO DE ADIVIÑAS: LIDIA RICO GOTTI DE INFANTIL

Mi mamá fue mariposa,
yo soy su hijo pequeño,
como hojas de morera
y hago un capullo de seda. 



FELICIDADES




















Queremos agradecer a iniciativa do ANPA para a adquisición de dous libros electrónicos que hoxe chegaron ao centro e que en breve poñeremos a disposición dos rapaces e rapazas do centro. 
Dende o Concello tamén nos van facilitar un 3º libro de idénticas características. 
AGORA HAI QUE LER MOIIIIITO!
Gracias ANPA e CONCELLO.

 

Gañador do sorteo de nadal

Este ano, como sabedes, os nenos e nenas de 5° e 6° fixeron adornos do nadal destinados a ser sorteados no festival para sacar fondos para a excursión.
O GAÑADOR FOI ADRIÁN, un exalumno do colexio. NORABOA!! 




Tamén queremos agradecer a colaboración de todos e todas porque conseguimos recaudar a fantástica cifra de 332€.




CONCURSO

 SUPER

Lede con detenemento as bases deste novo concurso porque pode ser de grande interese para todos e todas os que facemos uso do comedor escolar.

ANIMÁDEVOS A PARTCIPAR!!! 







Aberto o prazo de inscrición para os concursos "Modestina quere saber..." 4ª edición e "Os selfies de Modestina" (para toda a familia).
ANÍMATE!!! (clica abaixo para ver información)

Vídeo promocional actividades biblioteca

OS SELFIES DE MODESTINA

MODESTINA QUERE SABER... 4ª EDICIÓN













ENTRA E MIRA TODAS AS NOVAS GALERÍAS DE FOTOS E VÍDEOS DAS ACTIVIDADES DO TERCEIRO TRIMESTRE






IMOS Á FEIRA!!!

O próximo domingo día 11 de maio estaremos na Feira de Moeche para vender os libros de receitas elaboradas polas familias da comunidade educativa, ademais dunhas fermosas manualidades de monumentos do mundo que fixeron os nenos/as no colexio. Da mesma maneira tamén estarán á venta os restos do mercadillo que houbo no cole...
Todos os cartos recaudadados irán destinados á excursión de fin de curso que realizarán os nenos e nenas do centro.
Xa sabedes, non dubidedes en vir a visitarnos este domingo!

















NOVO!!!

ENTRA NAS SECCIÓNS DOS DIFERENTES CICLOS PARA VER O VÍDEO - RESUMO DO DÍA DA PAZ 2014














O CEIP SAN RAMÓN DE MOECHE QUERE DESEXARVOS A TOD@S UN BO NADAL E UN FELIZ 2014!



"TODOS A RIR CON CHISTÍN "
Queridos rapaces e rapazas, pais, nais ….. Volve Chistín cun novo concurso de chistes, pero esta vez a través do blogue.
Teredes que ir subindo chistes segundo as categorías que se vos vaia indicando e haberá premio para o mellor de cada categaría.
Estade atentos porque axiña saberemos a 1ª categoría para comezar.




Xa podedes ver as fotos da festa do mércores nas diferentes seccións do blogue.








Boas!

Este é o novo blogue do cole, no cal poderedes desfrutar de moitas actividades, xogos, informacións e moito máis!

Animamos a que participedes activamente para o bo funcionamento do mesmo. Bo inicio de curso a tod@s!

Un saúdo.

Os mestres do CEIP San Ramón!

1 comentario:

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.